Deus promete que desfrutaremos de saúde mental perfecta
Na Biblia, Deus pon á nosa disposición os consellos e o consolo que necesitamos para loitar contra as enfermidades mentais.
Pero non só iso, senón que ademais nos promete que vai eliminar para sempre todo o que causa esta clase de enfermidades.
Cando Deus cumpra esta promesa, xamais volveremos a ter sentimentos dolorosos, angustia mental e recordos que nos fagan dano. A Biblia di que estas cousas “non serán recordadas nin virán ó corazón” (Isaías 65:17, TNM).
As testemuñas de Xehová estarán encantadas de axudarche a descubrir cando e como cumprirá Deus esta marabillosa promesa.