Ir ó contido

Ir ó índice

IDEA PARA ESTUDAR

Busca xoias espirituais que poidas poñer en práctica

Busca xoias espirituais que poidas poñer en práctica

É certo que cando les a Biblia podes encontrar xoias espirituais se investigas os feitos máis relevantes. Pero como poderías beneficiarte aínda máis?

Presta atención ós detalles dos relatos bíblicos. Por exemplo, podes investigar quen escribiu a pasaxe, cando o fixo, a quen se dirixiu, cales eran as circunstancias, que ocorreu antes e que sucedeu despois.

Pensa nas leccións que podes aprender facéndote as seguintes preguntas: “Como se sentían as persoas que aparecen no relato que estou lendo? Que cualidades demostraron? Por que debería imitalas, ou por que non?”.

Pon en práctica o que aprendes. Quizais che axude na predicación ou ó tratar cos demais. Se o fas, demostrarás que tes sabedoría. Como di a Biblia: “O sabio terá en conta isto” (Sal. 107:43).

  • Idea: fíxate en como a información da parte Tesouros da Biblia da reunión de entre semana nos axuda a pensar en como aplicar o que aprendemos. Normalmente esta sección contén preguntas para reflexionar, puntos nos que meditar e imaxes que se poden analizar.