Ir ó contido

Ir ó índice

PÁXINA JW.ORG

Atopar contidos nun determinado idioma

Atopar contidos nun determinado idioma

Se estás aprendendo un novo idioma ou queres darlle información a alguén que fale unha lingua diferente, podes probar con calquera das tres opcións seguintes para acceder ó idioma que che interesa.

 Cambiar o idioma da páxina

Fai clic no botón Idiomas para ver o listado completo de tódolos idiomas nos que está dispoñible jw.org.

Cada idioma da lista leva unha icona na dereita do nome.

  • A nosa páxina, ou polo menos parte dela, está traducida a este idioma. Selecciona o nome do idioma para que sexa o idioma da páxina.

  • A páxina aínda non se traduciu a este idioma, pero hai publicacións dispoñibles nese idioma para descargar. Selecciona o nome do idioma para ver as publicacións dispoñibles.

  • Esta icona indica que é unha linguaxe de signos. A meirande parte do contido en linguaxe de signos está en formato vídeo.

    Fai clic na opción Mostrar só linguaxe de signos para amosar só as linguaxes de signos.

Hai centos de idiomas na lista. Podes usar un dos seguintes métodos para atopar máis facilmente o que queres:

  • Escolle un idioma favorito. Os últimos catro idiomas que escolliches aparecen na parte superior da lista.

  • Escribe o nome do idioma. Escribe as primeiras letras do nome do idioma, ou ben coa grafía orixinal ou ben no teu idioma. Por exemplo, se a páxina está en galego ou queres cambialo a alemán, podes escribir “alemán” ou “deutsch”. Segundo vas introducindo as letras, a lista vaise reducindo e só aparecerán os idiomas que corresponden ás letras que tecleaches.

 Abrir un artigo noutro idioma

Método 1. Podes usalo nas páxinas que teñan a función Lelo en na lista despregable.

Busca o artigo que queres ler ou compartir con alguén. A continuación, escolle o idioma na lista Lelo en para ver o artigo nese idioma. (Se non atopas o idioma que estás buscando, significa que o artigo aínda non se publicou nese idioma).

Suxestión. Se hai unha icona duns auriculares onda o nome dalgún dos idiomas da lista, significa que esta dispoñible tamén en audio para ese idioma.

Cando uses a función Lelo en, só se cambiará o idioma da publicación seleccionada. O resto da páxina seguirá mostrándose no idioma escollido para a páxina.

Método 2. Se o artigo que estás a ler non ten a función Lelo en, fai clic no botón Idiomas para cambiar o idioma da páxina ó que desexas. Se o artigo está dispoñible nese idioma, aparecerá. E se non está dispoñible, aparecerá a páxina de inicio no idioma que escolliches.

 Buscar unha publicación noutro idioma

Vai a BIBLIOTECA. Escolle un idioma da lista Idiomas.

Xa que hai centos de idiomas na lista, pódeche ser útil comezar a teclear o nome do idioma, na lista de Idiomas, para así limitar o número de resultados.

Se hai unha gran cantidade de publicacións no idioma que escolliches, a páxina de BIBLIOTECA só mostrará un número limitado de resultados. Se queres atopar tódalas publicacións e recursos nese idioma, selecciona outra categoría de publicación (por exemplo, OUTRAS PUBLICACIÓNS ou REVISTAS) para ver que publicacións desa sección están dispoñibles no idioma que escolliches.

Se nesa sección non hai publicacións dispoñibles no idioma que escolliches, a páxina mostra un enlace ós tipos de publicacións que si están dispoñibles.