Ir ó contido

Ir ó índice

Non quedaba nada

Non quedaba nada

Descargar:

  1. 1. Camiñando pola senda

    aloumiña ben o Sol,

    rechouchían os paxaros,

    unhas nubes voan no solpor.

    Os meus están de volta,

    inda non o podo crer.

    Lonxe semellaba ser,

    mais non quedaba nada.

  2. 2. Hai casiñas ben fermosas

    na montaña mais no val.

    Ese río cantareiro

    mil voltiñas no muíño dá.

    O trigo vai dourado,

    xa se pode seiturar.

    Pra vivir ben, sen final,

    xa non quedaba nada.

    (TRANSICIÓN 1)

    Que belo ter amigos fieis,

    son un regalo para min.

    Xamais as bágoas han caer,

    o mundo novo non ten fin.

  3. 3. Risos, cantos e recendos

    sinto preto rebulir.

    Neste día tan perfecto,

    son feliz cos meus xa canda min.

    Ai, Xehová, moitiñas grazas

    por poder vivir en paz!

    Parecía non chegar,

    mais non quedaba nada.

    (TRANSICIÓN 2)

    Ai, cantas veces eu soñei

    ó meu carón volverte ver!

    Sorrir así, ser tan feliz,

    nos meus braciños outra vez.

  4. 4. Este mundo novo

    arelaba tanto ver.

    É promesa de Xehová Deus,

    sei seguro que o vai facer.

    Desalento nunca teño

    porque sei o que verei.

    É mellor do que soñei,

    mais xa non quedaba nada.