Ir ó contido

Ir ó índice

O novo mundo que virá

O novo mundo que virá

Descargar:

  1. 1. Imaxina que xa vives alí,

    rodeado de xente que é feliz.

    Sentes rir e cantar

    ós neniños que xogando están.

    Xa non hai medos, a dor xa pasou.

    Todos coidan da Terra, que bendición!

    Podemos velo por fin:

    vivimos xuntos nun fermoso xardín!

    Por amor, Xehová

    moi pronto isto logrará

    no mundo que virá.

    (REFRÁN)

    A esperanza, pra nós,

    é coma lume no corazón.

    Áncora firme que nos sosterá

    é pensar en vivir

    no mundo que virá.

  2. 2. Imaxina que xa vives alá,

    ó ladiño dun río ou preto do mar,

    nun fermoso fogar,

    con fartura, con paz sen final...

    E ó lonxe ves alguén,

    ti sorrís, xa sabes ben quen é.

    Vas correndo, por fin,

    e dáslle bicos, choras, es tan feliz!

    Nada poderá

    xa facernos mal

    no mundo que virá.

    (REFRÁN)

    A esperanza, pra nós,

    é coma lume no corazón.

    Áncora firme que nos sosterá

    é pensar en vivir

    no mundo que virá.

    (TRANSICIÓN)

    O que nos dixo Xehová

    cumprirase, si, non vai fallar.

    Pois El fai sempre o que di

    e quere darnos bendicións sen fin!

    (REFRÁN)

    A esperanza, pra nós,

    é coma lume no corazón.

    Áncora firme que nos sosterá

    é pensar en vivir

    no mundo que virá,

    no mundo que virá,

    no mundo que virá,

    no mundo que virá.