Que ensina realmente a Biblia?

Este manual da Biblia está deseñado para axudarche a aprender o que di a Biblia sobre diferentes temas como, por exemplo, por que hai tantos problemas no mundo, que ocorre cando morremos, ou como ter unha vida familiar feliz.

É isto o que Deus quería?

Poida que te preguntes por que hai tantos problemas no mundo. Sabías que a Biblia di que o mundo vai cambiar e que ti podes estar alí para velo?

CAPÍTULO 1

Cal é a verdade acerca de Deus?

Pensas que Deus se preocupa por ti persoalmente? Aprende acerca da súa personalidade e como podes achegarte a el.

CAPÍTULO 2

A Biblia, un libro que provén de Deus

Como pode axudarche a Biblia a afrontar os teus problemas? Por que podes confiar nas súas profecías?

CAPÍTULO 3

Cal é o propósito de Deus para a Terra?

Realizarase algunha vez o propósito de Deus de facer da Terra un paraíso? Se así é, cando?

CAPÍTULO 4

Quen é Xesucristo?

Como sabemos que Xesús é o Mesías prometido na Biblia? De onde veu? Por que se lle chama Fillo unixénito de Deus?

CAPÍTULO 5

O rescate, o maior regalo de Deus

Que é o rescate? Como nos pode beneficiar?

CAPÍTULO 6

Onde están os mortos?

Aprende o que a Biblia di sobre onde están os mortos e por que morremos.

CAPÍTULO 7

Verdadeira esperanza para os nosos seres queridos que morreron

Morreuche algún ser querido? Será posible volver velo? Aprende o que a Biblia ensina sobre a resurrección.

CAPÍTULO 8

Que é o Reino de Deus?

Moita xente coñece a oración do nosopai. Que significará a frase “veña o teu Reino”?

CAPÍTULO 9

Estamos vivindo nos “días derradeiros”?

Pensa en como as actitudes que vemos e o que pasa ó noso arredor demostra que agora estamos a vivir nos “días derradeiros” que a Biblia predixo.

CAPÍTULO 10

Como inflúen en nós os seres espirituais?

A Biblia fala dos anxos e dos demos. Existirán estas criaturas? Poderán influír en nós dalgún xeito?

CAPÍTULO 11

Por que permite Deus o sufrimento?

Moitos culpan a Deus por todo o sufrimento que hai no mundo. E ti que pensas? Descubre o que Deus di sobre cales son as razóns do sufrimento.

CAPÍTULO 12

A maneira de vivir que lle agrada a Xehová

É posible vivir unha vida que agrade a Deus. De feito, podes chegar a ser o seu amigo.

CAPÍTULO 13

O punto de vista de Deus sobre a vida

Como ve Deus o aborto, as transfusións de sangue e a vida dos animais?

CAPÍTULO 14

Como ter unha vida familiar feliz?

O amor que Xesús mostrou é un exemplo a seguir polos maridos, as esposas, os pais e os fillos. Que máis aprendemos del?

CAPÍTULO 15

Que adoración aproba Deus?

Analiza seis características que identifican ós que practican a relixión verdadeira.

CAPÍTULO 16

Ponte do lado da adoración verdadeira

Que desafíos poida que afrontes cando compartas as túas crenzas con outros? Como podes facelo sen ofendelos?

CAPÍTULO 17

Acheguémonos a Xehová mediante a oración

Escóitanos Deus cando lle oramos? Para responder a esta pregunta, é necesario que entendamos o que a Biblia ensina respecto á oración.

CAPÍTULO 18

O bautismo e a túa relación con Deus

Que pasos hai que dar para poder bautizarse como cristián? Aprende que simboliza o bautismo e como debería levarse a cabo.

CAPÍTULO 19

Manteñámonos no amor de Deus

Como podemos agradecer todo o que Deus leva feito por nós?

APÉNDICE

O nome de Deus: uso e significado

O nome propio de Deus foi eliminado de moitas traducións da Biblia. Por que? Que importancia ten usar o nome de Deus?

APÉNDICE

A profecía de Daniel predí a chegada do Mesías

Con máis de cincocentos anos de adianto, Deus revelou a data exacta na que chegaría o Mesías. Coñezamos esta apaixoante profecía!

APÉNDICE

Xesucristo, o Mesías prometido

Tódalas profecías bíblicas acerca do Mesías cumpríronse en Xesús. Comproba na túa Biblia como se cumpriron con todo detalle.

APÉNDICE

A verdade acerca do Pai, do Fillo e do espírito santo

Moita xente pensa que a Trindade é unha doutrina que ensina a Biblia. É certo isto?

APÉNDICE

Deberían usar a cruz os cristiáns?

De verdade morreu Xesús nunha cruz? Le a resposta que a mesma Biblia dá.

APÉNDICE

A Cea do Señor: unha celebración que honra a Deus

Os cristiáns deben observar a Conmemoración da Morte de Xesús. Cando e como se debe levar a cabo tal celebración?

APÉNDICE

Que significan os termos alma espírito?

Moitos pensan que unha parte invisible de nós deixa o corpo e segue a vivir. Que di a Palabra de Deus sobre este tema?

APÉNDICE

Que significan os termos Xeol Hades?

Algunhas traducións da Biblia traducen como “sepultura” ou “inferno” os termos Xeol Hades. Que significan exactamente estas palabras?

APÉNDICE

Que é o Día do Xuízo?

Descubre por que o Día do Xuízo vai ser unha bendición para toda a humanidade que obedeza a Deus.

APÉNDICE

O ano 1914: clave nas profecías bíblicas

Que probas hai na Biblia de que o ano 1914 sería especialmente relevante?

APÉNDICE

Quen é o arcanxo Miguel?

A Biblia revela a identidade deste poderoso arcanxo. Descubre quen é, e que está a facer na actualidade.

APÉNDICE

Que é “a gran Babilonia”?

O libro bíblico de Apocalipse fala dunha muller chamada “a gran Babilonia”. Será unha muller de carne e óso? Que di a Biblia acerca dela?

APÉNDICE

Naceu Xesús en decembro?

Le cales eran as condicións climáticas propias da época do ano na que Xesús naceu. Que podemos concluír?

APÉNDICE

Deberiamos celebrar certas festividades?

Cal é a orixe de moitas das festividades populares na túa zona? Poida que a resposta te sorprenda.