PÁXINA JW.ORG
Como usar a edición de estudo da Biblia
A edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras ofrece as seguintes novidades para facerche máis fácil o teu estudo da Biblia:
Unha introdución a cada un dos libros bíblicos, que pode incluír un vídeo introdutorio
Un resumo de contidos de cada libro bíblico
Notas de estudo en moitos dos versículos
Notas ó pé en termos e frases
Referencias marxinais organizadas por categorías
Axudas audiovisuais (imaxes e vídeos)
Apéndices con mapas, recadros e outras axudas para a investigación
Gravacións en audio de cada capítulo
Traducións alternativas segundo outras versións da Biblia
A edición de estudo do libro de Mateo en inglés publicouse en outubro de 2015. Irase engadindo outro contido segundo se vaian rematando as axudas didácticas de cada un dos libros.
Aprende a usar as características da edición de estudo da Biblia:
Ir a un libro e un capítulo da Biblia
Vai a BIBLIOTECA > A BIBLIA EN LIÑA e selecciona a portada ou no enlace da edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras para abrir o Índice.
A icona dunha xema indica que está dispoñible material adicional para ese libro da Biblia.
A icona duns auriculares indica que están dispoñibles gravacións en audio para ese libro da Biblia.
Fai clic en Cuadrícula para ver os libros da Biblia neste formato. Esta é a vista que aparecerá por defecto.
Fai clic en Lista para ver os libros da Biblia neste formato. Os libros das Escrituras Hebreoarameas e das Gregas Cristiás aparecerán en columnas separadas.
Tamén hai enlaces a material adicional, incluíndo un glosario, varios apéndices e axudas audiovisuais (imaxes e vídeos).
Utiliza un dos seguintes métodos para abrir un libro e un capítulo da Biblia.
Método 1: selecciona un libro da Biblia do Índice. Abrirase unha páxina coa lista dos capítulos, un resumo dos contidos, e os seguintes botóns (os contidos adicionais de estudo van depender do libro seleccionado).
Unha introdución ó libro, que inclúe un vídeo introdutorio, se está dispoñible.
Un resumo dos contidos.
Unha galería de imaxes e vídeos relacionados co libro da Biblia.
Selecciona o capítulo que desexas estudar
Método 2: usa as listas despregables que aparecen na parte superior da páxina para seleccionar o libro e o capítulo que desexas ver.
Usar as axudas didácticas que inclúe un capítulo
Ó seleccionar un capítulo da Biblia, o texto aparecerá no panel de Lectura na metade esquerda da pantalla, e as axudas didácticas aparecerán no panel de Estudo na metade dereita da pantalla. En dispositivos móbiles de menor tamaño, o panel de Estudo está oculto e aparece ó premer no número dun versículo, nun símbolo de nota ó pé ou nunha letra que leva a unha referencia ó marxe.
Fai clic no número dun capítulo ou versículo para ver a información adicional que inclúe.
Fai clic no símbolo de nota ó pé para ver a nota asociada a unha palabra ou frase.
Fai clic na letra de referencia ó marxe para ver o seu contido no panel de Estudo e mailo texto da pasaxe.
Para comezar a escoitar a gravación dende un versículo determinado dentro do capítulo no que estás, fai clic no texto do versículo e no botón Reproducir.
Para comezar a escoitar a gravación dun capítulo dende o principio, fai clic no botón Reproducir que aparece na barra de audio na parte superior da páxina.
Para pausar a reprodución fai clic no botón de Pausa.
Fai clic na icona da Xema no panel de Estudo para mostrar tódalas notas de estudo, notas ó pé, referencias ó marxe, e contidos audiovisuais para o capítulo no que estás (a pestana da Xema aparece por defecto cando abres un capítulo).
Fai clic no botón Traducións Paralelas no panel de Estudo para mostrar outras traducións do versículo seleccionado.
Fai clic no botón Referencias á marxe no panel de Estudo para mostrar unha lista por categorías de tódalas referencias marxinais do capítulo no que estás.
Pestana das Xemas
Ó comezo da pestana das Xemas mostrarase o resumo de contidos do capítulo seleccionado.
Despois do resumo, para cada versículo do capítulo no que estás, mostrarase o seguinte:
Notas de estudo. Conteñen información adicional acerca do versículo.
Preme nun enlace do material de referencia, como os termos do glosario ou un artigo do apéndice, para abrir o artigo noutra ventá.
Axudas audiovisuais. Imaxes e vídeos relacionados co versículo. Fai clic na imaxe ou na descrición da mesma para abrir a Galería multimedia e coñecer máis detalles.
Notas ó pé. Aportan información adicional acerca de palabras ou frases dun versículo.
Referencias á marxe. Están enlazadas a palabras ou a frases dun versículo. Fai clic no signo máis (+) para abrir a referencia e ler a pasaxe bíblica citada ou fai clic no signo menos (-) para pechar a referencia e ocultar a pasaxe bíblica citada.
No panel de Lectura, fai clic no número dun versículo, nun símbolo de nota ó pé, ou nunha letra que leva a unha referencia ó marxe para mostrar no panel de Estudo a información asociada ó versículo.
Pestana de Traducións Paralelas
A pestana de Traducións Paralelas mostra como traducen o versículo seleccionado outras versións da Biblia. Selecciona outro versículo no panel de Lectura para ver outras traducións do mesmo.
Pestana de Referencias á marxe
A pestana de Referencias á marxe mostra as referencias do capítulo no que estás. Tales referencias están divididas en tres categorías:
Relatos paralelos. Referencias ó mesmo relato que aparecen noutros capítulos e versículos da Biblia.
Citas bíblicas. Pasaxes da Biblia ás que fai referencia o capítulo no que estás.
Xeral. Referencias á marxe que nin son relatos paralelos nin citas. Poden incluír, por exemplo, referencias á mesma persoa ou lugar, usos de expresións semellantes, cumprimento dalgunha profecía, ou a explicación dun principio bíblico relacionado.
Para cada opción, preme o signo máis (+) para mostrar tódalas referencias á marxe, e o signo menos (-) para ocultar tódalas referencias á marxe e mailo texto bíblico.
Se seleccionas o cadriño Resaltar todo que aparece onda cada unha das tres categorías de referencias á marxe, no panel de Lectura aparecerán resaltadas as referencias á marxe pertencentes á categoría seleccionada. Esta ferramenta pode ser moi útil, por exemplo, para atopar as pasaxes nas que un escritor das Escrituras Gregas Cristiás citou das Escrituras Hebreas.
Como ver imaxes e vídeos relacionados cun libro da Biblia
A Galería multimedia é unha serie de imaxes e vídeos que conteñen información acerca dun determinado libro bíblico. Cada un dos elementos desta serie aparece na mesma orde na que van aparecendo referidos no libro bíblico.
Podes acceder á Galería multimedia de calquera dos seguintes xeitos:
Fai clic nunha imaxe do panel do Estudo.
Vai ó Índice ou á lista de navegación despregable e preme o botón Multimedia. A continuación, fai clic na imaxe ou no enlace do libro da Biblia que desexes ver.
A Galería multimedia está dividida en tres seccións:
A imaxe ou o vídeo. Fai clic no botón Frecha dereita ou Frecha esquerda para ver o elemento anterior ou o seguinte.
Unha breve explicación e mais unha listaxe das citas bíblicas onde aparece o mesmo contido multimedia no panel de Estudo.
En dispositivos móbiles de menor tamaño, preme o botón Frecha arriba para ver a explicación e maila listaxe das citas bíblicas e no botón Frecha abaixo para ocultala.
Unha tira de imaxes en miniatura para cada un dos elementos multimedia. Fai clic no botón Frecha dereita ou Frecha esquerda para ver máis miniaturas. A continuación, fai clic na miniatura que desexes para mostrar a imaxe ou vídeo correspondente.
Se seleccionas unha imaxe con información, preme o botón Reproducir para escoitar a devandita información.
Se seleccionas un vídeo, usa os controis para reproducilo, poñelo en pausa, ou velo a pantalla completa.
Usar os resumos de contidos, o glosario ou os apéndices
Hai dous xeitos de acceder:
Fai clic no enlace correspondente do panel de Estudo.
Selecciona un destes elementos no Índice ou na lista de navegación despregable que aparece na parte superior da páxina.
Algúns apéndices presentan os seus contidos de dous xeitos diferentes: en formato imaxe (no que se ve a páxina en formato impreso da Traducción del Nuevo Mundo correspondente) ou en formato texto coas imaxes por separado.
Se estás vendo o contido en formato imaxe, fai clic na imaxe e abrirase no Visor de Imaxes.
Se estás vendo o contido en formato texto coas imaxes por separado, podes facer clic nos enlaces ós textos bíblicos que aparecen para velos no panel de Estudo.