JW BROADCASTING
Como reproducir audio en Apple TV
A sección Audio contén varias coleccións de audio, como música, obras teatrais e lecturas da Biblia dramatizadas.
(Nota. É posible que o teu mando a distancia Siri non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).
Selecciona Audio na pantalla de inicio de JW Broadcasting para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:
Como reproducir un programa de audio
Cada ringleira representa unha colección de programas de audio. O nome da colección aparece enriba da ringleira.
Move o dedo cara Arriba ou cara Abaixo para ir a outra colección.
Move o dedo cara á Esquerda ou cara á Dereita para desprazarte polos programas de audio dunha colección. A imaxe do programa seleccionado farase un pouco máis grande cás outras.
Preme na superficie Touch do teu mando a distancia para seleccionar o programa resaltado e cargar a pantalla cos detalles do programa de audio.
Selecciona unha das seguintes accións:
Reproducir. Para reproducir o programa de audio dende o principio.
Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de audio da colección seleccionada comezando polo que aparece na pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.
Continuar. Para continuar escoitando o programa de audio onde o deixaches.
A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos detalles do programa de audio mostra outros programas da mesma colección. Desprázate cara Abaixo para acceder á colección, e cara Arriba para volver á pantalla cos detalles do programa de audio.
Como reproducir unha colección de audio
A maiores de reproducir un programa de audio, podes escoitar unha colección enteira. Vai á colección de audio que queres escoitar e selecciona unha das seguintes opcións:
Reproducir todo. Reproduce tódolos programas da colección comezando polo primeiro.
Aleatorio. Reproduce tódolos programas da colección en orde aleatoria.
A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas.
Como usar as opcións de reprodución
Namentres se está reproducindo un programa de audio, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia Siri:
Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución. Para reproducir ou parar, tamén podes premer na área central da superficie Touch.
Retroceder. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á esquerda para retroceder no audio. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.
Avanzar. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á dereita para avanzar no audio. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.
Saltar e avanzar. Para avanzar dez segundos, pon o dedo na parte dereita da superficie Touch.
Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de avanzar na barra de reprodución do audio. Para avanzar, preme na superficie Touch.
Saltar e retroceder. Para retroceder dez segundos, pon o dedo na parte esquerda da superficie Touch.
Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de retroceder na barra de reprodución do audio. Para retroceder, preme na superficie Touch.
Menú. Para volver á pantalla cos detalles do programa de audio.