JW BROADCASTING
Como instalar a aplicación JW Broadcasting en Roku
Para ver JW Broadcasting en Roku, primeiro debes configurar o teu dispositivo Roku e instalar a aplicación JW Broadcasting. Para facelo, sigue estes pasos:
Como configurar o teu dispositivo Roku
Consulta o manual de instrucións do teu dispositivo Roku para configuralo e conectalo a Internet. Unha vez que o dispositivo estea conectado, sigue as instrucións que aparecerán en pantalla para rematar a súa instalación.
Nota. Precisarás unha conexión a Internet dende un ordenador ou dispositivo móbil para ver as instrucións de instalación.
Durante a instalación, pediráseche que asocies o dispositivo Roku a unha conta. Vai a www.roku.com/link e introduce na túa televisión o código que recibirás. A continuación, sigue as instrucións no teu ordenador ou dispositivo móbil para crear unha conta de Roku.
Unha vez que o dispositivo Roku estea asociado á túa conta, actualizarase a pantalla da túa televisión.
Se precisas máis información para configurar o teu dispositivo Roku, consulta a sección “Soporte técnico” da páxina web de Roku.
Como instalar JW Broadcasting dende un ordenador
O dispositivo Roku utiliza un programa informático para reproducir programas ou canles. Deberás engadir as canles que conteñan os vídeos que desexas ver. Podes engadir novas canles dende o teu ordenador.
Podes ir a JW Broadcasting na Roku Channel Store dende calquera navegador de Internet.
Se aínda non o fixeches, inicia sesión na túa conta de Roku.
Fai clic no botón Engadir canle. Cando a canle estea engadida, desaparecerá o botón verde Engadir canle e aparecerá a palabra Instalado.
Ó engadir unha canle dende o navegador de Internet, a canle non se instalará automaticamente no teu dispositivo Roku, só a engadirá á listaxe de canles en espera. Debes instalar a canle engadida no teu dispositivo Roku.
Preme no botón Inicio do teu mando a distancia Roku.
Usa as frechas Arriba e Abaixo para ir á pantalla de Axustes.
Fai clic en OK.
Na páxina de Axustes, selecciona o botón System Update e fai clic en OK. Cargarase a páxina de actualización do sistema. Unha vez rematado este proceso, aparecerá resaltado o botón Check now á dereita da pantalla.
Fai clic en OK.
O dispositivo Roku buscará e instalará a canle engadida á listaxe.
Volve á pantalla de inicio de Roku e selecciona My Channels no menú principal. Aparecerán tódalas canles instaladas no teu dispositivo Roku, incluída a canle JW Broadcasting.
Selecciona o logo de jw.org e fai clic en OK para iniciar JW Broadcasting.
Como instalar JW Broadcasting dende Roku
Tamén podes instalar JW Broadcasting directamente dende o teu dispositivo Roku.
Vai á páxina de inicio de Roku.
Usa as frechas Arriba e Abaixo do teu mando a distancia Roku para desprazarte polo menú principal ata que apareza resaltada a función Search.
Preme en OK.
A función Search de Roku serve para buscar películas, series de televisión, actores, directores, xogos e canles que coincidan co que escribas. Como JW Broadcasting é unha canle, aparecerá o símbolo Channel ó seu lado. Para atopar a canle JW Broadcasting, escribe unha das seguintes palabras clave:
jw broadcasting
jw.org
jwtv
Xehová
Cando apareza a canle JW Broadcasting na listaxe de resultados, preme na frecha Dereita ata que apareza resaltado o nome da canle. A continuación, preme en OK. Aparecerá resaltada a opción Add channel.
Preme outra vez en OK para instalar JW Broadcasting.
Para ver JW Broadcasting, selecciona Go to channel ou volve á pantalla de inicio de Roku para buscar JW Broadcasting na sección My Channels.