Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY SIGN LANGUAGE

Como instalar JW Library Sign Language se non podes acceder a unha tenda de aplicacións de Android

Como instalar JW Library Sign Language se non podes acceder a unha tenda de aplicacións de Android

Se non podes instalar JW Library Sign Language no teu dispositivo Android dende unha tenda de aplicacións oficial como Google Play Store ou Amazon Appstore, podes instalala manualmente empregando o paquete da aplicación JW Library Sign Language para Android (arquivo APK).

Para instalar o arquivo APK de JW Library Sign Language tes que habilitar a opción “Instalar aplicacións descoñecidas” ou “Orixes descoñecidas”. Para atopar estas opcións consulta o manual do teu dispositivo Android.

Segue estes pasos para descargar e instalar o arquivo APK de JW Library Sign Language:

  1. Preme o botón Descargar nesta páxina para gardar o arquivo APK no teu dispositivo.

  2. Localiza o arquivo APK no teu dispositivo e preme nel para instalar JW Library Sign Language.

Logo de instalar o arquivo APK de JW Library Sign Language comproba cada certo tempo se hai algunha nova versión da aplicación dispoñible. Para facelo, segue estes pasos:

  1. Abre a páxina Axustes en JW Library Sign Language para comprobar a versión que tes actualmente instalada no teu dispositivo.

  2. Se o número da versión do teu dispositivo é menor que o que se amosa debaixo do botón Descargar, descarga e instala de novo o arquivo APK seguindo os pasos mencionados anteriormente.

Version: 5.1.2 (384897)