JW LIBRARY
Como facer buscas na Biblia e noutras publicacións en Android
JW Library permite facer buscas de palabras ou frases na Biblia e nas publicacións.
Para facer buscas, sigue as seguintes instrucións:
Buscar nunha Biblia
Podes buscar unha palabra ou un conxunto de palabras na Biblia que tes aberta.
Dentro da Biblia, preme o botón Buscar. A continuación, teclea a palabra que buscas. Segundo escribes, aparecerán varios resultados. Selecciona un ou pulsa Intro no teclado para ver tódolos resultados.
A sección Frecuentes mostrará os versículos máis frecuentes que coincidan coa túa busca. A sección Todos mostrará tódolos versículos que coincidan coa túa busca ordenados por libro da Biblia. A sección Artigos mostrará as coincidencias que haxa nos artigos da introdución e dos apéndices.
Se tecleas máis dunha palabra, selecciona a opción Buscar frase exacta para ver só os resultados que coincidan coa frase que introduciches.
Buscar nunha publicación
Podes buscar unha palabra ou un conxunto de palabras na publicación que teñas aberta.
Dentro da publicación preme o botón Buscar. A continuación, teclea a palabra que buscas. Segundo escribes, aparecerán varios resultados. Selecciona un, ou pulsa Intro no teclado para ver tódolos resultados.
Se tecleas máis dunha palabra, selecciona a opción Buscar frase exacta para ver só os resultados que coincidan coa frase que introduciches.
Buscar por tema
Se tes descargada a obra Perspicacia, podes buscar nas súas entradas. Esta opción está dispoñible na Biblia ou en calquera outra publicación que teñas aberta na aplicación.
Preme o botón Buscar. Despois introduce o tema que buscas. Segundo escribes, aparecerán os resultados do Perspicacia que coincidan coa túa busca. Selecciona o que desexes consultar.
Estas funcións están dispoñibles dende outubro de 2014 na versión da aplicación JW Library 1.3.4, compatible con Android 2.3 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Android” no apartado Actualizacións.