JW LIBRARY
A función Historial en Android
JW Library garda un historial dos artigos ou dos capítulos da Biblia que liches. Isto pode ser moi útil, por exemplo, para ir a un texto bíblico que xa buscaras antes.
Para usar a función Historial, sigue as seguintes instrucións:
Ver o Historial
Pulsa o botón Historial para ver a lista dos últimos textos e artigos que liches. Preme nun texto ou nun artigo do historial para volver abrilo.
Eliminar o Historial
Pulsa o botón Historial para abrir o historial. Preme o botón Borrar para eliminar o historial.
Estas funcións están dispoñibles dende maio de 2014 na versión da aplicación JW Library 1.2, compatible con Android 2.3 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Android” no apartado Actualizacións.