JW LIBRARY
Como instalar JW Library se non podes acceder á tenda de aplicacións de Android
Se non podes instalar JW Library no teu dispositivo Android dende unha tenda de aplicacións oficial, como Google Play Store ou Amazon Appstore, podes instalala manualmente usando JW Library Android package (APK).
Para instalar JW Library APK, precisas habilitar a función “Instalar aplicacións descoñecidas” ou “Permitir a instalación dende fontes descoñecidas”. Para saber como facelo, consulta a axuda do teu dispositivo Android.
Para instalar JW Library APK sigue estes pasos:
Preme no botón Descargar desta páxina para gardar o arquivo APK no teu dispositivo.
Busca o arquivo APK no teu dispositivo e preme nel para instalar JW Library.
Despois de instalar JW Library APK, comproba regularmente se hai algunha actualización para a aplicación. Para facelo, sigue estes pasos:
Vai a Axustes en JW Library para ver a versión da aplicación que tes instalada no teu dispositivo.
Se a versión do teu dispositivo é inferior á versión que aparece aquí embaixo, sigue os pasos mencionados anteriormente para descargar e instalar JW Library APK.
Version: 15.0.2 (461440)