JW LIBRARY
Personaliza a túa lectura en iOS
JW Library dispón de varias funcións para que desfrutes máis da túa lectura. Estas funcións aparecen na barra de navegación da parte superior da pantalla cando estás a ler un capítulo ou un artigo.
Para acceder a outras funcións ademais das que aparecen, pulsa no botón Máis da barra de navegación.
Para personalizar a túa lectura, sigue as seguintes instrucións:
Cambiar o idioma
Podes cambiar o idioma do capítulo ou do artigo que estás a ler.
Preme o botón Idiomas para ver tódolos idiomas nos que está traducida a páxina na que estás. Os idiomas que máis uses aparecerán ó principio da lista. As edicións de La Atalaya en linguaxe sinxela tamén aparecerán aquí. Se o prefires, podes buscar polo nome do idioma.
Os idiomas que aínda non teñas descargados aparecerán coa imaxe dunha nube. Pulsa nun idioma para descargar a publicación nese idioma. Cando estea descargada, a imaxe da nube desaparecerá. Pulsa no idioma outra vez para abrir a publicación.
Cambiar o formato da letra
Podes axustar o texto a un tamaño que che sexa cómodo ler.
Preme en Formato de letra; despois, axusta o tamaño na barra para facer o texto máis pequeno ou máis grande. Este será o tamaño que se usará en tódalas publicacións.
Vista de imaxe ou de texto
Algúns artigos poden verse como imaxe ou como texto. Pulsa no botón correspondente para cambiar a vista.
Vista de imaxe. Se seleccionas ver como imaxe, a páxina aparecerá en versión impresa. Por exemplo, se seleccionas este modo de vista para o cancioneiro, poderás ver as cancións con partitura.
Vista de texto. A vista en modo texto contén enlaces a citas da Biblia. Púlsaos para abrilos. O tamaño da letra das citas será o que teñas seleccionado previamente.
Abrir en...
A función Abrir en... permíteche ver o contido de JW Library noutras aplicacións.
Preme o botón Abrir en... para ver as opcións dispoñibles. Por exemplo, podes pulsar en Abrir en BIBLIOTECA EN LIÑA para abrir o que esteas a ler na BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower.
Personalizar Biblias
Cando nunha publicación pulses nunha cita da Biblia, aparecerán os versículos correspondentes. Preme o botón Personalizar situado ó final dos mesmos para seleccionar as Biblias descargadas que queres que se mostren.
Pulsa Engadir ou Eliminar para agregar ou borrar traducións. Move as diferentes traducións arriba ou abaixo para ordenar a lista.
Se desexas engadir Biblias en JW Library, podes consultar o artigo “Descargar e administrar Biblias en iOS”.
Estas funcións están dispoñibles dende febreiro de 2015 na versión da aplicación JW Library 1.4, compatible con iOS 6.0 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para iOS” no apartado Actualizacións.