JW LIBRARY
Como usar as listas de reprodución
Na pestana “Estudo persoal” podes crear listas de reprodución de vídeos, audios e imaxes. Por exemplo, podes:
Crear unha lista das túas cancións teocráticas favoritas.
Ter xuntos vídeos e imaxes para usar na predicación.
Facer unha lista de imaxes para o teu discurso e compartila cos irmáns de audio e vídeo.
Crear unha lista de reprodución e engadir elementos
Editar unha lista de reprodución
Recortar un elemento dunha lista de reprodución
Crear unha lista de reprodución e engadir elementos
Crear unha lista de reprodución
Vai a Estudo persoal > Listas de reprodución.
Pulsa o botón Engadir lista de reprodución.
Selecciona Crear lista de reprodución ou Importar lista de reprodución.
Crear lista de reprodución: Escribe un nome para a lista e pulsa Crear.
Importar unha lista de reprodución: Utiliza o buscador de arquivos do teu dispositivo para atopar e importar unha lista de reprodución que xa exista.
Engadir elementos a unha lista de reprodución
Vídeos, música e outros arquivos de audio da aplicación
Pulsa o botón Máis nun vídeo ou nun audio.
Selecciona Engadir á lista de reprodución.
Escolle unha lista de reprodución que xa exista ou selecciona a opción Crear lista de reprodución para engadir ese elemento a unha lista nova.
Imaxes da aplicación
Pulsa na imaxe.
Pulsa o botón Engadir á lista de reprodución.
Escolle unha lista de reprodución que xa exista ou selecciona a opción Crear lista de reprodución para engadir ese elemento a unha lista nova.
Elementos doutras fontes
Podes engadir calquera vídeo, audio ou imaxe a unha lista de reprodución.
Vai á sección “Listas de reprodución”.
Abre unha lista de reprodución que xa exista.
Pulsa o botón Importar arquivo.
Usa o buscador de arquivos do teu dispositivo para localizar e importar un elemento.
Editar unha lista de reprodución
Cambiar o nome
Cambiar o nome dunha lista de reprodución:
Se estás na páxina “Listas de reprodución”, pulsa o botón Máis (os tres puntiños) dunha lista, selecciona Cambiar nome e introduce un nome novo.
Se estás nunha lista de reprodución, pulsa o botón Cambiar nome e introduce o nome novo.
Cambiar o nome dun elemento dunha lista de reprodución:
Pulsa o botón Máis nun elemento.
Selecciona Cambiar o nome e introduce o nome novo.
Cambiar a orde dos elementos nunha lista de reprodución
Arrastra e solta os elementos na lista para cambiar a orde.
Cambiar a acción de inicio
Cando se abre un elemento dunha lista comeza a reproducirse de inmediato. Podes cambiar a acción de inicio na “Configuración”. As opcións son Reproducir e Deter.
Cambiar a acción final
Para cambiar o que ocorre cando unha lista de reprodución chega ó final:
Pulsa o botón Acción final.
Selecciona unha acción final diferente.
A acción final por defecto é Continuar. Podes cambiar a acción por defecto na “Configuración”.
Acción final |
Que ocorre |
---|---|
Continuar |
Continúa ó seguinte elemento da lista de reprodución |
Parar |
Para e volve á lista de elementos |
Deter |
Pausa ó final do elemento actual e non pasa ó seguinte elemento |
Volver a reproducir |
Reproduce de novo o elemento dende o comezo |
Recortar un elemento dunha lista de reprodución
A opción Recortar permíteche reproducir un anaco dun vídeo ou dun audio máis grande.
Selecciona o botón Máis nun elemento dunha lista de reprodución e logo pulsa Recortar.
Ou se estás reproducindo un elemento, pulsa o botón Opcións e logo selecciona Recortar.
Usa as marcas na liña de tempo para seleccionar o punto de inicio e final.
Para ter un punto de inicio ou de final máis preciso, mantén pulsada a marca de inicio ou de final.
Usa o botón Reproducir para ver unha vista previa do elemento recortado.
Compartir unha lista de reprodución
Podes compartir unha lista de reprodución con outras persoas usando a función Compartir.
Se estás na sección “Listas de reprodución”, pulsa o botón Máis dun elemento, despois pulsa Compartir e escolle unha das opcións.
Se estás nunha lista de reprodución, pulsa o botón Compartir e escolle unha das opcións.
Atallos de teclado
Os atallos de teclado permítenche navegar entre os elementos dunha lista de reprodución.
Windows |
macOS |
|
---|---|---|
Elemento anterior |
Re Pág |
Fn-Frecha arriba |
Seguinte elemento |
Av Pág |
Fn-Frecha abaixo |