Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY

Descargar e administrar Biblias en Windows

Descargar e administrar Biblias en Windows

Ler e estudar a Biblia son algunhas das funcións principais de JW Library.

Para descargar e administrar Biblias, sigue as seguintes instrucións:

 Descargar unha Biblia

Podes descargar as traducións que precises para usalas sen estar conectado a Internet.

  • Vai á barra situada na parte superior da pantalla e preme en Biblia, a continuación preme en Libros para ver os libros da Biblia.

  • Abre a Barra de comandos e, a continuación, preme no botón Idiomas para ver a lista de traducións dispoñibles. As traducións dos idiomas que máis uses aparecen ó inicio da lista. Tamén podes facer unha busca por idioma ou polo nome da tradución. Por exemplo, busca “int” para atopar a Kingdom Interlinear en inglés, ou busca “port” para atopar tódalas Biblias en portugués.

  • As Biblias que non teñas descargadas aparecerán coa imaxe dunha nube. Preme nunha Biblia para descargala. Cando a Biblia estea descargada no teu dispositivo, a imaxe da nube desaparecerá. Pulsa outra vez na Biblia para abrila.

Se non atopas a tradución que andas a buscar, inténtao máis adiante. Irán aparecendo máis traducións segundo estean dispoñibles.

 Eliminar unha Biblia

Podes borrar unha tradución da Biblia se xa non a necesitas ou se queres liberar espazo no teu dispositivo.

Na barra situada na parte superior da pantalla, preme en Biblia e, a continuación, preme no botón Idiomas para ver a lista de Biblias. Pulsa o botón Máis situado ó lado da Biblia que queres borrar, e despois preme en Eliminar.

 Actualizar unha Biblia

Cando haxa dispoñibles actualizacións dalgunha das Biblias que teñas descargadas, aparecerá un símbolo ó lado da mesma. Ó pulsar na Biblia, aparecerá unha mensaxe informando de que hai unha actualización dispoñible. Preme en Descargar para baixar a actualización, ou en Máis tarde se non desexas actualizala nese momento.

Estas funcións están dispoñibles dende marzo de 2015 na versión da aplicación JW Library 1.4, compatible con Windows 8.1 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Windows” no apartado Actualizacións.