Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY

Os primeiros pasos con JW Library en Windows

Os primeiros pasos con JW Library en Windows

Benvido a JW Library. Esta aplicación está deseñada para a lectura e o estudo da Biblia. Podes acceder ás principais funcións dende o menú de navegación. Para abrilo, desliza o dedo de esquerda a dereita dende o borde da pantalla, ou preme o botón Menú situado na esquina superior esquerda.

 Inicio

Dende a pantalla de Inicio tes acceso rápido á Biblia e ás publicacións que máis utilices. Tamén podes ver as novidades e ler o texto do día.

 Biblia

Na pantalla Biblia podes ver traducións da Biblia en moitos idiomas. Para comezar a ler, preme un libro bíblico e, a continuación, un capítulo. Durante a túa lectura, poderás consultar as notas ó pé, as referencias marxinais e as traducións alternativas do texto no panel de Estudo.

Se queres buscar outro texto, preme en Biblia e, a continuación, en Libros para volver á lista dos libros da Biblia.

 Publicacións

Na pantalla Publicacións podes ver publicacións en formato de texto, de vídeo e de audio en moitos idiomas. Preme nunha publicación e, a continuación, o artigo que desexas ler. Segundo vaias lendo, tamén podes consultar as citas bíblicas. Pulsa na cita para ler a pasaxe no panel de Estudo. Preme un enlace no panel de Estudo para ir ó versículo correspondente na Biblia.

Para abrir outra publicación, preme en Publicacións e, a continuación, en Categorías para ver a lista das publicacións dispoñibles.

 Texto do día

Para ler o texto diario, abre o menú de navegación da parte superior da pantalla e preme en Texto do día.

 En liña

A sección En liña no menú de navegación contén enlaces ás nosas páxinas web oficiais.

 Actualizacións

Para desfrutar da versión máis recente de JW Library é importante que manteñas actualizado o teu dispositivo móbil.

Instala a versión máis recente de Windows dispoñible para o teu dispositivo móbil. Se desexas máis información, fai clic nos seguintes enlaces:

É recomendable que actives a opción de actualización automática na sección de axustes do teu dispositivo móbil. Se desexas máis información, fai clic no seguinte enlace: https://support.microsoft.com/es-es/help/15081/windows-turn-on-automatic-app-updates.