Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY

A función Historial en Windows

A función Historial en Windows

JW Library garda un historial dos artigos ou dos capítulos da Biblia que liches. Isto pode ser moi útil, por exemplo, para ir a un texto bíblico que xa buscaras antes.

Para usar a función Historial, sigue as seguintes instrucións:

 Ver o Historial

Abre a Barra de comandos e pulsa o botón Historial para ver a lista dos últimos textos e artigos que liches. Preme nun texto ou nun artigo do historial para volver abrilo.

 Eliminar o Historial

Abre a Barra de comandos facendo clic no botón dereito ou desprazando o dedo de arriba cara abaixo dende a parte superior da pantalla. Pulsa o botón Historial para abrir o historial. A continuación, preme en Borrar para eliminar o historial.

Estas funcións están dispoñibles dende marzo de 2014 na versión da aplicación JW Library 1.1, compatible con Windows 8.0 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Windows” no apartado Actualizacións.