JW LIBRARY
Como instalar JW Library se non podes acceder á tenda de aplicacións de Windows
Se non podes instalar JW Library no teu dispositivo Windows dende a Microsoft Store, podes facelo manualmente usando os arquivos de instalación de JW Library para Windows.
Poida que necesites cambiar os axustes do teu dispositivo para permitir a instalación de aplicacións doutras orixes. Usa a aplicación Configuración para encontrar os axustes para programadores. Despois, habilita a opción para instalar aplicacións desde calquera orixe. Nota: en función da túa versión de Windows pode chamarse “Modo de programador” ou “Facer instalación de proba de aplicacións”.
Descarga e instala os arquivos de instalación de JW Library para Windows:
Preme o botón Descargar nesta páxina para gardar os arquivos de instalación nunha carpeta local.
Fai clic co botón dereito no arquivo .zip e descomprímeo.
Abre a carpeta, fai clic co botón dereito sobre o arquivo Install.ps1 e selecciona Executar con PowerShell.
Se é necesario, confirma a instalación do certificado de firma.
Cando remate a instalación verás unha mensaxe de confirmación.
De vez en cando, comproba se hai versións novas da aplicación.
Abre a páxina Configuración en JW Library para ver a versión que tes instalada no teu dispositivo.
Se a versión que aparece na Configuración é menor que a que podes ver na parte inferior desta páxina, descarga e instala a aplicación seguindo os pasos mencionados anteriormente.
Version: 14.3.45 (429479)