Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY

Como usar os marcadores en Windows

Como usar os marcadores en Windows

Os marcadores de JW Library funcionan como a cinta marcadora dun libro, permitindo marcar unha páxina concreta dunha publicación. Cada publicación de JW Library permite gardar ata un máximo de dez marcadores.

Para usar os marcadores, sigue as seguintes instrucións:

 Poñer un marcador

Podes marcar un artigo, un capítulo, un parágrafo, ou un versículo da Biblia.

Para poñer un marcador nun artigo ou nun capítulo, abre a Barra de comandos e preme no botón Marcador. Aparecerá unha lista con tódolos marcadores da publicación. Pulsa nun dos marcadores baleiros para engadilo ó artigo ou ó capítulo que esteas a ler.

Para poñer un marcador nun parágrafo ou nun versículo da Biblia, primeiro pulsa no texto, e despois, no botón Marcador do menú que aparecerá.

 Ir a un marcador

Para ir a un marcador, abre a publicación que o contén e abre a Barra de comandos. Despois, preme o botón Marcador. A continuación pulsa o marcador que queiras abrir.

 Administrar os marcadores

Os marcadores pódense eliminar ou substituír.

  • Para borrar un marcador, abre a Barra de comandos e preme o botón Marcador. A continuación, pulsa o botón Máis situado ó lado do marcador que desexes borrar e pulsa Eliminar.

  • Para substituír un marcador, abre a Barra de comandos e preme no botón Marcador. A continuación preme o botón Máis situado ó lado do marcador que desexes cambiar. Pulsa en Substituír. O marcador moverase ó lugar no que esteas. Esta función pode ser moi útil para gardar o lugar onde vas lendo, por exemplo, na túa lectura diaria da Biblia.

Estas funcións están dispoñibles dende agosto de 2014 na versión da aplicación JW Library 1.3, compatible con Windows 8.0 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Windows” no apartado Actualizacións.