Ir ó contido

Ir ó índice

JW LIBRARY

Preguntas frecuentes. JW Library para Windows

Preguntas frecuentes. JW Library para Windows

JW Library é compatible cos seguintes sistemas operativos:

  • Android 7.0 ou posterior

  • iOS 15.0 ou posterior

  • macOS con chip M1 ou posterior

  • Windows 10 (Versión 1903) ou posterior

Para que JW Library sexa seguro e funcione ben, ás veces é necesario aumentar os requisitos mínimos da aplicación. Por iso, recomendámosche que actualices o sistema operativo do teu dispositivo á última versión dispoñible. Se non podes actualizalo á versión mínima que necesita JW Library, posiblemente poderás seguir usando a aplicación, pero non terá as últimas actualizacións.

 

Periodicamente engádense publicacións en novos idiomas á aplicación. Para ver en que idiomas está dispoñible unha publicación, preme o botón Idiomas.

Cada cor representa un dos oito grupos mencionados na Pregunta 19 do folleto Coñece a Palabra de Deus.

 

JW Library conta coas mesmas funcións básicas para tódolos tipos de dispositivo. Non obstante, poida que algunhas actualizacións e funcións non se fagan dispoñibles ó mesmo tempo para os diferentes dispositivos.

 

Si. Podes gardar as túas notas, etiquetas, subliñados, favoritos e marcadores nunha copia de seguridade. Esta copia pode recuperarse no mesmo ou noutro dispositivo.

 

Non. De momento as notas, etiquetas, subliñados, favoritos e marcadores non se poden sincronizar con outros dispositivos.

 

Problema: Despois de actualizar JW Library á última versión, pode que vexas unha mensaxe dicindo que as túas notas e o que tiñas subliñado desapareceu, e que non atopes as túas notas, etiquetas, subliñados, favoritos e marcadores.

Solución: É posible que a seguinte actualización da aplicación solucione o problema. Cando estea dispoñible, instala a nova versión e segue as indicacións que sairán na pantalla para recuperar as túas notas e o que tiñas subliñado.

 

Se tes problemas para descargar arquivos de audio e vídeo, segue as seguintes instrucións para confirmar que as bibliotecas Vídeos e Música están ben configuradas en Windows e seleccionadas en JW Library.

  1. Abre o Explorador de ficheiros de Windows e fai clic na pestana Ver. A continuación, fai clic no menú Panel de navegación e selecciona a opción Mostrar bibliotecas.

  2. No panel esquerdo, localiza e expande Bibliotecas.

  3. Deberías ver unha carpeta Música e outra Vídeos. Se non existen as carpetas, fai clic dereito en Bibliotecas, e logo fai clic en Restaurar bibliotecas predefinidas.

  4. Fai clic dereito na carpeta Vídeos, logo en Propiedades e toma nota da carpeta que aparece debaixo de Localizacións de biblioteca. Máis adiante terás que comprobar a localización desta carpeta nas opcións de JW Library. Despois fai clic en Restaurar valores predefinidos.

  5. Fai clic dereito na carpeta Música, logo en Propiedades e toma nota da carpeta que aparece debaixo de Localizacións de biblioteca. Máis adiante terás que comprobar a localización desta carpeta nas opcións de JW Library. Despois fai clic en Restaurar valores predefinidos.

Por último, segue estes pasos para confirmar que as bibliotecas Vídeos e Música están seleccionadas nas opcións de JW Library:

  1. Abre JW Library e fai clic no botón Axustes.

  2. Dentro de Axustes comproba que Descargar vídeos en ten configurada a biblioteca Vídeos e que Descargar arquivos de audio en ten configurada a biblioteca Música das que tomaches nota antes no Explorador de ficheiros.

Se aínda así segues tendo problemas para descargar arquivos de audio ou vídeos, comproba que tes permiso para gardar arquivos nas carpetas Música e Vídeos creando un novo ficheiro dentro delas. Se precisas máis información, vai á sección axuda de Microsoft ou podes preguntarlle a alguén que estea familiarizado con Windows.

 

Podes preguntarlle a alguén que estea familiarizado con JW Library. Se precisas máis axuda ponte en contacto coa sucursal máis próxima.