JW LIBRARY
Como subliñar texto en Windows
Segundo les ou estudas as publicacións en JW Library, podes subliñar unha ou varias palabras.
Para subliñar texto, sigue as seguintes instrucións:
Subliñar texto
Hai dous xeitos de facelo.
Mantén pulsada unha palabra para seleccionala. A continuación, axusta a túa selección. Preme o botón Subliñar no menú que aparecerá, e escolle a cor na que queres resaltar o texto seleccionado.
Outra opción é subliñar cun bolígrafo dixital. Utilízao como se estiveses a subliñar texto cun marcador en papel. Ó rematar, aparecerá un menú con varias opcións. Podes usalo para cambiar de cor ou borrar o subliñado.
Cambiar a porción de texto subliñado
Para cambiar a cor do resaltado, pulsa no texto subliñado. A continuación, selecciona a cor que desexes. Para borrar o resaltado, pulsa no texto subliñado. A continuación, preme o botón Eliminar.
Estas funcións están dispoñibles dende novembro de 2015 na versión da aplicación JW Library 1.6, compatible con Windows 8.1 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Windows” no apartado Actualizacións.