Libro Primeiro das Crónicas 1:1-54

1  Adam, Xet, Enox.  Quenán, Mahalalel, Iared,  Henoc, Metuxalén, Lamec,  Noé, Sem, Cam e Iafet.  Fillos de Iafet: Gómer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.  Fillos de Gómer: Axcanaz, Rigat e Togarmah.  Fillos de Iaván: Eliseo, Tárxix, Quitim e Dodanim.  Fillos de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán.  Fillos de Cux: Sebá, Havilah, Sabtá, Ramá e Sabtecá. Fillos de Ramá: Sebá e Dedán. 10  Cux enxendrou a Nimrod, o primeiro soldado do mundo. 11  Exipto xerou os lidios, anamitas, lehabitas, naftuxitas, 12  patrusitas, casluhitas e cretenses, dos que proceden os filisteos. 13  Canaán enxendrou a Sidón, seu primoxénito, e a 14  Het, e tamén os iebuseos, amorreos, guirgaxitas, 15  hivitas, arquitas, sinitas, 16  arvaditas, semaritas e xamatitas. 17  Descendentes de Sem: Elam, Axur, Arfaxad, Lud e Aram. Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Méxec. 18  Arfaxad enxendrou a Xélah e este a Héber. 19  Héber enxendrou dous fillos: un chamábase Péleg, porque no seu tempo dividiuse a terra; e seu irmán chamábase Ioctán. 20  Ioctán enxendrou a Almodad, Xélef, Hasarmávet, Iérah, 21  Hadorán, Uzal, Diclah, 22  Ebal, Abimael, Xebá, 23  Ofir, Havilah e Iobab: todos descendentes de Ioctán. 24  Sem. Arfaxad, Xélah, 25  Héber, Péleg, Reú, 26  Serug, Nahor, Térah, 27  Abram, é dicir, Abraham. 28  Descendentes de Abraham: Isaac e Ismael; 29  os seus descendentes: Nebaiot, primoxénito de Ismael, Quedar, Adbel, Mibsam, 30  Mixmá, Dumah, Masá, Hadad, Temá, 31  Ietur, Nafix e Quedmah. Estes son os fillos de Ismael. 32  Queturah, concubina de Abraham, deu a luz a Zimrán, Iocxán, Medán, Medián, Ixbac e Xúah. Descendentes de Iocxán: Xebá e Dedán. 33  Fillos de Madián: Efah, Éfer, Henoc, Abidá e Eldáah. Todos descendentes de Queturah. 34  Abraham enxendrou a Isaac. Fillos de Isaac: Esaú e Israel. 35  Fillos de Esaú: Elifaz, Reuel, Ieux, Ialam e Corah. 36  Fillos de Elifaz: Temán. Omar, Sefó, Gatam, Quenaz, Timná e Amalec. 37  Fillos de Reuel: Náhat, Zérah, Xamah e Mizah. 38  Fillos de Seir: Lotán, Xobal, Sibón, Anah, Dixón, Éser e Dixán. 39  Fillos de Lotán: Horí e Homam; irmá de Lotán: Timná. 40  Fillos de Xobal: Alián, Manáhat, Ebal, Xefí e Onam. Fillos de Sibón: Aiá e Anah. 41  Fillos de Anah: Dixón. Fillos de Dixón: Hamrán, Exbán, Itrán e Querán. 42  Fillos de Éser: Bilhán, Zaván e Acán. Fillos de Dixán: Us e Arán. 43  Reis que reinaron no país de Edom antes de que os israelitas tivesen rei: Bela, fillo de Beor; a súa cidade chamábase Dinhabah. 44  Morreu Bela e sucedeulle no trono Iobab, fillo de Zérah, oriundo de Bosrah. 45  Morreu Iobab e sucedeulle no trono Huxam, oriundo de Temán. 46  Morreu Huxam e sucedeulle no trono Hadad, fillo de Bedad, o que derrotou a Madián no campo de Moab; a súa cidade chamábase Avit. 47  Finou Hadad e sucedeulle no trono Samlah, oriundo de Masrecah. 48  Finou Samlah e sucedeulle no trono Xaúl, oriundo de Rehobot-ham-Náhar. 49  Finou Xaúl e sucedeulle no trono Baal Hanán, fillo de Acbor. 50  Finou Baal Hanán e sucedeulle no trono Hadar; a súa cidade chamábase Pau e a súa muller Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezahab. 51  Á morte de Hadad houbo xeques en Edom: Timná, Alvah, Ietet, 52  Oholibamah, Elah, Pinón, 53  Quenazí, Temán, Mibsar, 54  Magdiel e Iram. Ata aquí os xeques de Edom.

Notas ó pé