Libro Primeiro das Crónicas 24:1-31
24 Ei-las clases dos fillos de Aharón. Fillos de Aharón: Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.
2 Nadab e Abihú morreron antes ca seu pai e non deixaron fillos. Elazar e Itamar cumpriron a función sacerdotal.
3 David con Sadoc —dos fillos de Elazar—, e con Ahimélec —dos fillos de Itamar—, distribuíunos en quendas para o servicio.
4 Houbo entre os fillos de Elazar máis xefes ca entre os fillos de Itamar, e fíxose esta división: os fillos de Elazar tiñan dezaseis xefes de casas paternas, e os fillos de Itamar, oito.
5 Fíxose a distribución por sorte, uns cos outros, e foron xefes do santuario de Deus tanto os fillos de Elazar coma os fillos de Itamar.
6 Semaías, fillo de Natanael, secretario da tribo de Leví, inscribiunos diante do rei e dos príncipes, diante de Sadoc, sacerdote, e de Ahimélec, fillo de Abiatar, e dos xefes de familias de sacerdotes e levitas, e íanse sacando por sorte dúas familias de Elazar e unha de Itamar.
7 A primeira sorte tocou a Iehoiarib; a segunda a Iedaías;
8 a terceira, a Harim; a cuarta, a Seorim;
9 a quinta, a Malaquías; a sexta, a Miiamín;
10 a sétima, a Hacós; a oitava a Abías;
11 a novena, a Iexúa; a décima, a Xecanías;
12 a undécima, a Eliaxib; a duodécima, a Iaquim;
13 a décimo terceira, a Hupah; a décimo cuarta, a Ixbaal;
14 a décimo quinta, a Bilgah; a décimo sexta, a Imer;
15 a décimo sétima a Hezir; a décimo oitava, a Hapisés;
16 a décimo novena, a Petahías; a vixésima, a Ezequiel;
17 a vixésimo primeira, a Iaquín; a vixésimo segunda, a Gamul;
18 a vixésimo terceira, a Delaías; a vixésimo cuarta, a Maazías.
19 Así foron distribuídas para o seu ministerio, para que entrasen na casa do Señor ás ordes de Aharón, conforme os mandatos que lles dera Iavé, Deus de Israel.
20 Ei-los xefes das outras familias dos levitas: Xubael, dos fillos de Amram, e Iehdeías, dos fillos de Xubael.
21 Dos fillos de Rehabías, o xefe era Ixías.
22 Dos Isharitas, Xelomot; dos fillos de Xelomot, Iaxat.
23 O primoxénito dos descendentes de Hebrón foi Ierías; o segundo, Amarías; o terceiro, Iahziel; o cuarto, Iecamam.
24 Dos fillos de Uziel foi Miqueas; e dos fillos de Miqueas, Xamur.
25 Ixías era irmán de Miqueas, o xefe da familia de Ixías era Zacarías.
26 Os fillos de Merarí foron: Mahlí e Muxí. Tamén era fillo seu Uzías, fillo seu Beno.
27 Os descendentes de Merarí, por parte de Uzías foron: Xoham, Zacur e Ibrí.
28 Por parte de Mahlí, Elazar, que non tivo fillos, e Quix.
29 Quix tivo un fillo chamado Ierahmel.
30 Os fillos de Muxí foron: Mahlí, Éder e Ierimot. Estes son os fillos de Leví segundo as súas familias.
31 Tamén eles, como os fillos de Aharón, foron sorteados, tanto as familias principais coma as máis pequenas, en presencia do rei David, de Sadoc, de Ahimélec e dos cabezas de familia sacerdotais e levíticos.