Libro Primeiro das Crónicas 27:1-34

27  Os fillos de Israel, segundo o seu número: as cabezas de familia, os xefes e oficiais e os seus inspectores que estaban ó servicio do rei en todo o que atinxía ás divisións que entraban e saían de servicio cada mes, tódolos meses do ano, compuñan por cada división vintecatro mil homes.  O mando da primeira división, a do primeiro mes, estaba Iaxobam, fillo de Zabdiel, con vintecatro mil homes.  Era dos fillos de Peres, e mandaba a tódolos xefes da tropa do primeiro mes.  O mando da división do segundo mes estaba Elazar, fillo de Dodai, ahohita, que tiña baixo el a Miclot, que mandaba unha parte desta tropa, que era de vintecatro mil homes.  O xefe da terceira división, a do terceiro mes, era Benaías, fillo de Iehoiadá, sacerdote. Tamén tiña ó seu mando vintecatro mil homes.  Benaías era o máis valente dos trinta e superábaos a todos. Seu fillo, Amizabah, era un dos xefes da súa división.  O cuarto xefe, para as tropas do cuarto mes, era Asahel, irmán de Ioab; e Zebadías, seu fillo, despois del. O número da súa tropa era de vintecatro mil.  O quinto xefe, para o mes quinto, era Xamot, o zerahita, e a súa tropa era de vintecatro mil.  O sexto, para o sexto mes, era Irá, fillo de Iquex, de Tecoa, e tiña na súa tropa vintecatro mil. 10  O sétimo, para o sétimo mes, era Heles, de Pelón, da tribo de Efraím. A súa tropa era de vintecatro mil homes. 11  O oitavo, para o oitavo mes, era Sibcai, de Huxat, da liñaxe de Zarhí, que tiña baixo el vintecatro mil homes. 12  O noveno, para o noveno mes, era Abiézer, de Anatot, dos fillos de Benxamín, que mandaba vintecatro mil homes. 13  O décimo, para o décimo mes, era Mahrai, de Netofah, descendente de Zarhí. Tiña baixo si vintecatro mil homes. 14  O undécimo, para o undécimo mes, era Benaías de Piratón, descendente de Efraím, con vintecatro mil homes. 15  O duodécimo, para o duodécimo mes, era Heldai, de Netofah, descendente de Otoniel, e a súa sección era de vintecatro mil homes. 16  Estes eran os xefes das doce tribos de Israel: na de Rubén, Eliézer, fillo de Zicrí; na de Simeón, Xefatías, fillo de Mascah, 17  na de Leví, Haxabías, fillo de Quemuel; na de Aharón, Sadoc; 18  na de Xudá Eliab, irmán de David; na de Isacar, Omrí, fillo de Micael; 19  na de Zebulón, Ixmaías, fillo de Abdías; na de Naftalí, Ierimot, fillo de Azriel; 20  na de Efraím, Oseas, fillo de Azarías; 21  na media tribo de Menaxés, Ioel, fillo de Pedaías; na outra media tribo de Menaxés, en Galaad, Idó, fillo de Zacarías; na de Benxamín, Iasiel, fillo de Abner; 22  na de Dan, Azarel, fillo de Ieroham. Estes eran os xefes das doce tribos de Israel. 23  David non quixo conta-los que estaban por debaixo dos vinte anos, porque Iavé lle dixera que multiplicaría a Israel coma as estrelas do ceo. 24  Ioab, fillo de Seruiah comezara a face-lo censo, pero non o acabou porque isto trouxo a ira de Iavé sobre Israel, e por iso o número dos que foran contados non está escrito nas crónicas de David. 25  Azmáret, fillo de Adieh, tiña ó seu cargo o tesouro do rei; Ionatán, fillo de Uzías, os almacéns do campo, das cidades, e das torres. 26  Ezrí, fillo de Quelub, gobernaba os obreiros do campo, que labraban as terras, 27  Ximí, de Ramah, estaba á fronte das viñas; Zabdí de Xefam, das adegas; 28  Baalhanán de Guéder das provisións de aceite e dos figueiredos da Xefelah. Ioax, dos depósitos de aceite; 29  Xitrai, de Xarón, do gando vacún que pacía en Xarón; Xafat, fillo de Adlai, do gando vacún que pacía nos vales. 30  Obil, ismaelita, estaba encargado dos camelos e Iehdías de Meronoh dos asnos; 31  Iaziz, ahguerita, das ovellas. Todos estes eran intendentes da facenda de David. 32  Ionatán, tío de David, home de sentido e de saber, era conselleiro. El e Iehiel, fillo de Iacmoní, era maiordomo dos fillos do rei. 33  Ahitófel era conselleiro do rei; Huxai, arquita, era amigo do rei. 34  Ademáis de Ahitófel, eran conselleiros Iehoiadá, fillo de Benaías, e Abiatar. Ioab era o xefe supremo do exército do rei.

Notas ó pé