Libro Primeiro das Crónicas 7:1-40
7 Fillos de Isacar: Tolá, Fúah, Iaxub e Ximrón: catro en total.
2 Fillos de Tolá: Uzí, Refaías, Ieriel, Iahmai, Ibsam e Samuel, xefes das familias de Tolá, homes todos capacitados para o exercicio das armas. O seu número no tempo de David era de vintedous mil seiscentos.
3 Fillo de Uzí: Izrahías; fillos de Izrahías: Micael, Abdías, Ioel, Ixías: en total cinco xefes.
4 Tiñan, segundo as súas xenealoxías polas casas paternas, trinta e seis mil homes armados para a loita, pois eran moitas as mulleres e fillos.
5 Seus irmáns de tódalas familias de Isacar, homes guerreiros, facían un total de oitenta e sete mil; todos estaban rexistrados nas xenealoxías.
6 Fillos de Benxamín: Bela, Béquer e Iediael: tres en total.
7 Fillos de Bela: Esbón, Uzí, Uziel, Ierimot e Irí: cinco en total. Eran xefes das familias de seus pais e homes guerreiros; tamén estes estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vintedous mil trinta e catro.
8 Fillos de Béquer: Zemirah, Ioax, Eliézer, Elioenai, Omrí, Ierimot, Abías, Anatot e Alémet, todos eles fillos de Béquer,
9 rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas xeracións, coma xefes das familias de seus pais, e homes guerreiros en número de vinte mil douscentos.
10 Fillo de Iediael: Bilhán. Fillos de Bilhán: Iehux, Benxamín, Ehud, Quenanah, Zetán, Tárxix e Ahixáhar,
11 todos eles fillos de Iediael; como xefes das familias de seus pais e homes guerreiros estaban rexistrados en número de dezasete mil douscentos, preparados para tomaren armas e marchar á guerra.
12 Os xufitas e os hupitas eran fillos de Ir; e os huxitas, fillos de Aher.
13 Fillos de Naftalí: Iahsiel, Guní, Iéser e Xalum, fillos de Bilhah.
14 Fillos de Menaxés: Asriel e Maquir, pai de Galaad. Os dous eran fillos dunha concubina aramea.
15 Maquir tomou muller dos xufitas e hupitas. Súa irmá chamábase Macah. O nome do segundo fillo era Selofhad. Selofhad tivo fillas.
16 Macah, muller de Maquir, pariu un fillo e chamoulle Pérex; seu irmán chamouse Xárex, e foron seus fillos Ulam e Ráquem.
17 Fillo de Ulam: Bedán. Estes son os fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés.
18 Súa irmá Hamoléquet pariu a Ixhod, Abiézer e a Mahlah.
19 Fillos de Xemidá: Ahián, Xequem, Lichí e Aniam.
20 Fillos de Efraím: Xutélah, pai de Béred, pai de Táhat;
21 pai de Zabad, pai de Xutélah, pai de Ézer e Elad. Os homes de Gat, oriundos do territorio, matáronos cando baixaban para recolle-lo seu gando.
22 Efraím, seu pai, fixo moito tempo dó por eles, e os seus irmáns viñeron consolalo.
23 Despois foi onda súa muller, que concebiu e pariu un fillo; chamábase Beriah, pola desgracia na que se atopaba a súa familia.
24 Tivo por fillo a Xerah, que edificou Bethorón Alto e Baixo, e Uzén Xerah;
25 a Réfah, pai de Xutélah, pai de Táhan;
26 pai de Ladán, pai de Amihud, pai de Elixamá;
27 pai de Nun, pai de Xosué.
28 Tiñan habenza e morada en Betel e nas cidades da súa dependencia; ó oriente, Narán; ó occidente, en Guézer e nas cidades da súa dependencia; en Xequem e nas cidades da súa dependencia, ata Aiah e as cidades da súa dependencia.
29 Os fillos de Menaxés posuían Bet-Xeán e as cidades da súa dependencia, Zanac a as cidades da súa dependencia, Dor e as cidades da súa dependencia. Nestas cidades habitaron os fillos de Xosé, fillo de Israel.
30 Fillos de Axer: Imná, Ixvah, Ixví, Beriah e Sénah, súa irmá.
31 Fillos de Beriah: Héber e Malquiel. Malquiel era pai de Birzáit.
32 Héber xerou a Iaflet, Xomer, Hotam e Xuá, irmá destes.
33 Fillos de Iaflet: Pasac, Bimhal e Axvat. Estes son os fillos de Iaflet.
34 Fillos de Xomer: Ahí Rohgah, Iahbá e Aram.
35 Fillos de Hélem, seu irmán: Sofah, Imná, Xélex e Amal.
36 Fillos de Sofah: Súah, Harnéfer, Xual, Berí e Imrah;
37 Béser, Hod, Xamá, Xilxah, Itrán e Beerá.
38 Fillos de Iéter: Iefuneh, Pispah e Ará.
39 Fillos de Ulá: Arah, Haniel e Risías.
40 Todos estes fillos de Axer eran xefes das casas de seus pais, homes selectos e guerreiros; xefes de príncipes. Estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinteseis mil, preparados para a loita.