Primera Carta a Timoteo 2:1-15
2 Recomendo primeiro de todo que se fagan peticións, oracións, súplicas, accións de gracias en favor de tódolos homes,
2 polos reis e por tódolos que ocupan altos cargos, para que poidamos ter unha vida calma e serea baseada no pleno respecto mutuo e na decencia.
3 Isto é fermoso e grato a Deus noso Salvador.
4 El quere que tódolos homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade.
5 Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús,
6 que se entregou coma rescate por todos. Tal é o testemuño dado no tempo oportuno.
7 A min fíxome o seu pregoeiro e apóstolo —digo a verdade e non minto—, mestre dos xentís na fe e na verdade.
8 Por iso quero que en tódolos sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira nin discusións.
9 Do mesmo xeito tamén as mulleres, con vestido decente, con reverencia e modestia, que se adornen non con rizos, nin con ouro, nin margaridas, nin vestidos luxosos,
10 senón coas boas obras, como cómpre a mulleres que profesan unha piedade verdadeira.
11 A muller que aprenda en silencio e con toda sumisión.
12 Non lle consinto á muller que ensine, nin domine ó home, senón que estea calada.
13 Porque primeiro crearon a Adam, despois a Eva.
14 E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado.
15 Salvarase, non obstante, gracias á súa maternidade, se se mantén na fe, no amor, na santidade e na modestia.