Primera Carta a Timoteo 3:1-16

3  Esta é palabra segura: aquel a quen lle tire o “episcopado”, arela unha boa función.  Pero cómpre que o “bispo” sexa irreprensible, home dunha soa muller, sobrio, asisado, comedido, hospitalario, capaz para o ensino;  nin bebedor nin liorteiro, senón indulxente; home de paz, non amigo dos cartos.  Que goberne ben a propia casa e teña os fillos ben guiados, con dignidade,  (pois se un non sabe estar á fronte da súa familia, ¿como vai saber coida-la Igrexa de Deus?)  Non neófito, para que non caia na condenación como caeu Satán, ensoberbecéndose.  Cómpre que teña boa sona tamén entre os de fóra, para evita-lo desprestixio e que o atrape o demo.  Da mesma maneira, que os “diáconos” sexan serios, sen retranca, nin moi amigos do viño nin dos negocios suxos,  conservando o misterio da fe nunha conciencia limpa. 10  Tamén a eles os hai que someter á proba primeiro; despois, se están sen tacha, que exerzan o ministerio. 11  Sexan tamén así as súas mulleres: púdicas, nin lingoreteiras nin amigas do viño, en todo de fiar. 12  Que os “diáconos” sexan homes dunha soa muller, que saiban gobernar ben os seus fillos e as súas familias. 13  Porque os que exercen ben este ministerio, adquiren para si un posto nobre e unha gran liberdade na fe que temos en Cristo Xesús. 14  Escríboche isto, esperando ir onda ti axiña. 15  Por se tardar rógoche que saibas comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade. 16  Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión:Que se manifestou coma home,xustificou no Espírito,apareceulles ós mensaxeiros,predicáronllelo ós xentís,creu nel todo o mundo,foi exaltado na gloria.

Notas ó pé