Libro Segundo dos Reis 19:1-37

19  Cando o rei Ezequías o oíu, rachou as súas vestes e vestiuse de saco, e entrou no templo do Señor.  Despois mandou a Eliaquim, maiordomo do pazo, a Xébnah, o secretario, e ós sacerdotes e ós anciáns, todos vestidos de saco, onda o profeta Isaías, fillo de Amós.  —“Isto di Ezequías: hoxe é un día de angustia, de castigo e de vergonza. Os nenos están para nacer e non hai forza para parilos.  Quizais o Señor, o teu Deus, escoitou as palabras do copeiro maior, a quen o seu amo, o rei de Asiria, mandou para aldraxa-lo Deus vivo, e quizais o castigue o Señor, teu Deus, polas palabras que escoitou. Ti reza por este resto que queda aínda”.  Os servidores do rei Ezequías foron onda Isaías,  e este mandoulles: —“Dicídelle ó voso amo que isto di o Señor: non te acovardes polas palabras que oíches, coas que os criados do rei de Asiria me aldraxaron.  Eu vou pór nel un espírito, e cando lle chegue unha nova, voltarase cara á súa terra, e alí fareino caer a fío de espada”.  O copeiro maior regresou e encontrouse co rei de Asiria combatendo contra Líbnah. Oíra xa que o rei se retirara de Láquix,  despois de que lle chegara a nova de que Tirhácah, rei de Exipto, saíra á guerra en contra del. 10  Senaquerib mandou de segunda mensaxeiros a Ezequías, para dicirlle ó rei de Xudá: —“Non te deixes enganar polo Deus en quen confías, pensando que Xerusalén non será entregada nas mans do rei de Asiria. 11  Ti mesmo tes sabido como tratan os reis de Asiria a outras nacións e a cantas teñen exterminado. ¿E íaste librar ti? 12  ¿Por acaso salvaron os seus deuses os países que destruíron os meus pais, Gozán, Harán, Résef e os fillos de Edén que estaban en Telasar? 13  ¿Onde está o rei de Hamat e o de Arpad, o de Sefarvaim, o de Hená e o de Avá?” 14  Ezequías colleu as cartas que traían os mensaxeiros, e leunas. Despois subiu ó templo e estendeunas diante do Señor. 15  Ezequías fixo entón esta oración ó Señor:—“Señor, Deus de Israel, que sentassobre os querubíns, soamente ti esDeus sobre tódolos reinos da terra. 16  Abaixa, Señor, os oídos e escoita,abre, Señor, os ollos e mira. Escoita a mensaxe que mandou Senaqueribpara aldraxa-lo Deus vivo. 17  É certo, Señor, que os reis de Asiriaarrasaron as nacións e as súas terras, 18  queimando e destruíndo os seus deuses,porque non eran deuses,senón feitura das mans dos homes, madeira e pedra. 19  Agora, Señor, noso Deus,sálvanos da súa man,para que saiban os reinos do mundoque soamente ti es Deus, Señor”. 20  Isaías, fillo de Amós, mandou dicir a Ezequías: —“Isto di o Señor, Deus de Israel: escoitei a oración que me fixeches, respecto de Senaquerib, rei de Asiria. 21  Esta é a palabra que pronuncia o Señor en contra del:Abáfate e rise de tia virxe, filla de Sión;abanea a cabeza ás túas costasa filla de Xerusalén. 22  ¿De quen blasfemas, a quen aldraxas,contra quen érgue-la voze levantas soberbiamente os teus ollos? ¡Contra o Santo de Israel! 23  Por medio dos teus mensaxeirosofénde-lo Señor, dicindo: Coa multitude dos meus carrosrubirei ó cume dos montes,ás alturas do Líbano. Talarei os seus altos cedrose os seus escollidos cipreses. Chegarei ós seus remotos recunchos,ata ó mesmo fondo do bosco. 24  Eu excavarei e bebereiaugas estranxeiras. Enxoitarei coa planta dos meus péstódolos ríos de Exipto. 25  ¿É que non o oíches? Desde lonxe xa o teño preparado;desde tempos afastados téñoo decidido,e agora vouno cumprir. Por iso convertes ti en pardiñeirosas súas cidades fortificadas. 26  Os seus moradores atópanse sen forzas,están todos amedoñados e confusos. Volvéronse coma o alcacén do campo,coma o verde da pradeira,coma a herba das terrazas,que agosta primeiro de crecer. 27  Eu sei cando ti sentas e te ergues,cando saes e cando entrase cando te enrabechas contra min. 28  Porque onda min chegou o teu noxoe os teus aturuxos chegaron ós meus oídos,poreiche unha argola no narize un freo no fociño,e fareite voltar polo camiñopor onde viñeches para aquí. 29  E a Ezequías: que isto che sirva de sinal: Este ano comerás gran de rebuscoe, para o ano que vén, do que medre só. Pero no ano terceiro sementaredes e segaredes,plantaredes viñas e comeréde-los seus froitos. 30  O resto que queda de Xudábotará raíces novas para abaixoe dará froitos para arriba. 31  Porque de Xerusalén sairá un restoe do monte Sión sobreviventes. O celo do Señor fará isto. 32  Por iso, isto di o Señor do rei de Asiria: Non entrará nesta cidade,nin tirará contra ela unha frecha,non se achegará onda ela co escudonin botará contra ela un terraplén, trincheira, foxos. 33  Polo camiño por onde veu, dará a volta,sen entrar nesta cidade. Palabra do Señor. 34  Eu defenderei esta cidade e salvareina,pola honra do meu nome e o do meu servo David”. 35  Aquela mesma noite saíu o anxo do Señor e feriu no campamento asirio a cento oitenta e cinco mil homes. Á hora de erguerse á mañá, eran todos cadáveres. 36  Senaquerib, rei de Asiria, levantou o campamento, deu a volta para Nínive e quedou alí. 37  Un día que estaba axeonllado no templo de Nisroc, seu deus, Adramélec e Xaréser matárono coa espada, e liscaron para o país de Ararat. Sucedeulle no trono o seu fillo Esarhadón.

Notas ó pé