Libro Segundo de Samuel 7:1-29

7  Instalado o rei David na súa casa, e como o Señor lle dera a paz cos seus inimigos do arredor,  díxolle el ó profeta Natán: —“Repara que eu estou instalado nunha casa de cedro, mentres a arca do Señor habita nunha tenda”.  Natán respondeulle ó rei: —“Todo o que tes no corazón, anda e faino, pois o Señor está contigo”.  Pero aquela mesma noite veulle a Natán esta palabra do Señor:  —“Vai e dille ó meu servo David que isto di o Señor: ¿vasme edificar unha casa para que eu habite nela?  Desde o día en que saquei os israelitas de Exipto ata hoxe, non habitei en casa ningunha, senón que andei dun lado para outro nunha tenda e nun tabernáculo.  E en todo o tempo que andei cos israelitas, ¿faleille, acaso, a algún dos xuíces de Israel, ós que mandei que alindasen o meu pobo, de que me edificasen unha casa de cedro?  Agora, pois, dille ó meu servo David que isto di o Señor dos exércitos: eu saqueite das mandas, de detrás dos rabaños, para que fóse-lo xefe do meu pobo Israel.  Estiven contigo en todo o que emprendiches e arredei os teus inimigos diante de ti. E dareiche un nome tan grande coma o dos grandes da terra. 10  Eu fixarei tamén un posto para o meu pobo Israel. Eu plantareino e el vivirá alí sen sobresaltos. Non volverán asoballalo os fillos da iniquidade, como fixeron á primeira, 11  no tempo en que puxen xuíces sobre o meu pobo Israel. Dareiche o repouso de tódolos inimigos e, por parte, o Señor anúnciache que che dará unha dinastía. 12  Cando se cumpran os teus días e vaias durmir con teus pais, eu establecerei despois de ti un teu descendente, nado das túas entrañas, e farei firme o seu reino. 13  El edificarame unha casa e eu afincarei para sempre o seu reino. 14  Eu serei para el un pai e el será para min un fillo. Se peca, castigareino con vara de homes e con azoutes humanos. 15  Mais non lle retirarei a miña lealdade, como lla retirei a Xaúl, a quen botei da miña presencia. 16  A túa familia e o teu reino permanecerán na miña presencia para sempre, o teu trono manterase firme eternamente”. 17  Natán comunicoulle a David estas palabras e toda esta visión. 18  Entón o rei David presentouse ó Señor e dixo:—“¿Quen son eu, meu Señor Iavé, e quen é a miña familia,para que me fagas chegar ata aquí? 19  E, por se isto fose pouco aínda ós teus ollos, Señor Iavé,falas tamén do porvir da familia do teu servo. ¿É isto, Señor Iavé, cousa ben dada? 20  E ¿que pode engadir David ó que xa dixo,se ti, Señor Iavé, coñeces abondo o teu servo? 21  Pola túa palabra e segundo o teu corazón,ti levas a termo estas cousase revélasllas ó teu servo. 22  Por iso es grande, Señor Iavé,non hai outro coma ti,nin hai Deus, fóra de ti,conforme o que temos oído. 23  E ¿que nación hai no mundo coma o teu pobo Israel,que Deus mesmo foi rescatar,para facelo seu e darlle un nomee para facer con el prodixios e milagres,botando de diante do pobo que libraches de Exiptoós outros pobos cos seus deuses? 24  Ti constituíche-lo pobo de Israelcoma pobo teu para sempree Ti, Señor, e-lo seu Deus. 25  Agora, Señor Deus,mantenlle ó teu servo e á súa familia para semprea palabra que lle deches,e cumpre o que lle prometiches. 26  Sexa exaltado por sempre o teu amor,e que se diga: o Señor dos exércitos é o Deus de Israel. E que a familia do teu servo Davidse manteña firme na túa presencia. 27  Porque ti, Señor dos exércitos, Deus de Israel, revelácheslle isto ó teu servo: eu edificareiche unha casa. Por iso atopou forza o teu servopara dirixirche esta oración. 28  Agora, Señor Iavé, ti que es Deus,ti que tes palabras verdadeirase que lle fixeches ó teu servo este ben, 29  dígnate, logo, bendici-la familia do teu servoe que permaneza por sempre na túa presencia. Xa que ti, meu Señor Iavé, o prometiches,que, pola túa bendición, sexa bendita para semprea familia do teu servo”.

Notas ó pé