Amós 2:1-16
2 Así di Iavé:
“Por causa de tres delitos de Moabe mais por catro non me hei domear:
Por queima-los ósos do rei de Edom ata volvelos cal,
2 heille meter lume a Moabata que engulipe os pazos de Queriiot,e morrerá con estrondo Moabentre o balbordo, ó son do corno;
3 exterminarei do seu medio o gobernantee xunto con el matarei a tódolos seus ministros”:
dixo Iavé.
4 Así di Iavé:
“Por causa de tres delitos de Xudáe mais por catro non me hei de domear.
Por rexeita-la lei de Iavée non observa-los seus mandatos,xa que os seus falsos deuses os extraviaron,eses tralos que xa correran seus pais,
5 heille meter lume a Xudáata que engulipe os pazos de Xerusalén”.
6 Así di Iavé:
“Por causa de tres delitos de Israele mais por catro non me hei domear:
Por venderen o honrado por diñeiroe o necesitado pola débeda dun par de sandalias.
7 Refregan contra o po a cabeza dos mendigose desviaron o vieiro dos pobres;pai e fillo xúntanse coa mesma mozapara profana-lo meu santo nome;
8 estran o leito con roupas collidas en prendaa carón dun altar calquera,beben viño cos cartos requisadosno templo do seu deus.
9 Cando fora eu o que exterminara por causa deles os amorreos,que eran altos coma cedros e fortes coma carballos,destruíndo o seu froito por ribae as súas raiceiras por baixo.
10 Eu fíxenvos subir desde o país de Exiptoguiándovos pola estepa corenta anospara darvos en posesión a terra dos amorreos;
11 fixen xurdir profetas de entre os vosos fillose nazireos de entre os vosos mozos,¿non si, israelitas? —Oráculo de Iavé—.
12 E vós, en troques, fixestes beber viño ós nazireose ordenastes ós profetas: ¡Non profeticedes!
13 Pois, velaquí, eu vou facer regos no chan debaixo vosacoma os que fai un carro ateigado de monllos.
14 Daquela non vai poder fuxi-lo áxil,nin a forza sosterá ó fortenin o soldado de avangarda salvará a vida;
15 o arqueiro non se vai ter en pé,o de pés lixeiros non escaparánin o que vai de a cabalo salvará a vida;
16 o máis valente de entre os paladínsfuxirá espido naquel día” —Oráculo de Iavé—.