Amós 3:1-15

3  Escoitade esta palabra que Iavé pronuncia contra vós, israelitas, contra toda a caste que fixen subir do país de Exipto:   “A vós sós elixínde entre as familias da terra,por iso vouvos pedir contasde tódalas vosas maldades”.   ¿Camiñarán dous xuntosse antes non se deron cita?   ¿Bramará o león no matose aínda non ten a presa? ¿Ergue a voz o leonciño desde a súa covase aínda non cazou?   ¿Cae o paxaro por terrase non o alcanzou a trapela? ¿Salta a rede do chanse non pillou nada?   ¿Tócase a trompeta na vilasen que o pobo se altere? ¿Pasa unha desgracia na vilasen que Iavé a cause?   Abofé que o Señor Iavé nada fai sen descubri-lo seu propósitoós seus servos, os profetas.   Berrou o león, ¿quen non tremerá? Falou o Señor Iavé, ¿quen non profetizará?   Pregoádeo nos pazos de Axdod e nos pazos do país de Exipto,dicide: xuntádevos sobre os montes de Samaríae contemplade a confusión enorme que nela imperae os asoballados no medio dela. 10  Non saben obrar rectamente—Oráculo de Iavé—. Atesouran violencia e rapina nos seus pazos. 11  Por iso así di o Señor Iavé: “Un inimigo vai cerca-lo país,vai abate-la túa fortalezae vai asola-los teus pazos”. 12  Así di Iavé: “Como salva o pastor das fauces do leóndúas patas ou un anaco de orella,dese xeito hanse salva-los israelitasque moran en Samaría,coma un pé de diván ou un cabezal de leito. 13  Escoitade e sede as miñas testemuñas contra a casa de Xacob—Oráculo do Señor Iavé, Deus dos Exércitos—. 14  Pois o día no que eu faga contas con Israel polos seus delitos,hei de pasar tamén revista ós altares de Betel,daquela serán tronzados os cornos do altare caerán por terra. 15  Derrubarei a residencia de invernoxunto coa residencia de veránhanse arruina-las casas de almafí,afundiranse innumerables construccións” —Oráculo de Iavé—.

Notas ó pé