Amós 5:1-27

5  Escoitade esta palabra, este pranto que eu entoo contra vós, casal de Israel:   Caeu, non rexurdirá, a doncela de Israel,tirada polo seu propio chan, non haberá quen a erga;   pois así di o Señor Iavé: “Vila que recrutou un milleiro, recupera cen,e a que recrutou cen, recupera dez”;   pois así di Iavé ó casal de Israel: “Buscádeme e viviredes”.   Non busquedes a Betel,non vaiades a Guilgal,non vos acheguedes a Beerxeba,pois Guilgal ha de ir deportadae Betel quedará en nada.   Procurade a Iavé e viviredes, non vaia da-lo lume no casal de Xosé e o engulipe e ninguén o apague por causa de Betel.   ¡Ai dos que trocan o dereito en asentese botan polo chan a xustiza!   Foi El quen fixo as Pléiadas e o Orión,quen muda as tebras en abrentee escurece o día en noite,quen convoca as augas do mare as verte sobre a superficie da terra: Iavé é o seu nome.   Quen dispón a desfeita contra o forte,chegando o saqueo ata a cidadela. 10  Odian ó fiscal no tribunal,rexeitan a quen dá testemuño cumprido, 11  por iso: Xa que esmagáde-los foros do pobree lle esixides tributos de trigo,se construístes pazos de perpiañonon os habitaredes,se plantastes viñas farturentasnon beberedes do seu viño. 12  Ben sei eu dos vosos innumerables delitose dos vosos enormes pecados,asoballadores do honrado,aceptadores de subornoque torcéde-lo dereito do pobre no tribunal. 13  Por iso o asisado cala neste tempopois é un tempo cativo. 14  Buscade o ben e non o mal de xeito que vivadese Iavé, o Deus dos Exércitos, quedará convosco,segundo dicides. 15  Rexeitade o mal, amade o ben,que impere o dereito nos tribunais;quizais se considere, Iavé, Deus dos Exércitos,do resto de Xosé. 16  Por iso así di Iavé, Deus dos Exércitos, o Señor: “En tódalas prazas, loito,en tódalas rúas berran: ¡Ai, ai! Chaman ó xornaleiro para o laioe para o pranto ás carpideiras 17  e en tódalas viñas haberá loitocando eu pase por medio de ti”: dixo Iavé. 18  ¡Ai daqueles que devecen polo día de Iavé! ¿Que vai significar para vós o día de Iavé? Vai ser tebra; non vai ser luz. 19  Vai ser coma cando foxe un do leóne vai dar co oso;logra aínda chegar á casa,apoia a man na parede,e mórdeo a cóbrega. 20  ¿Non vai ser acaso tebra o día de Iavé e non luz? ¡Abofé que o seu é a escuridade e non a claridade! 21  “Aborrezo e rexeito as vosas festas,non soporto o cheiro das vosas liturxias 22  (se non é cando me ofrendades holocaustos)as vosas oblacións non me alegran,o banquete sacrificial dos vosos xatos nin o vexo. 23  ¡Arreda de min a charanga dos teus cantos! Non estou para escoitar músicas das túas harpas. 24  O dereito é o que ten que fluír coma augae a xustiza coma manancial perenne. 25  ¿Acaso ofrecestes sacrificios e ofrendasno deserto durante os corenta anos, casal de Israel? 26  ¿Levavades daquela a Sicut o voso reie a Kiiún, imaxes vosas, a estrela dos vosos deuses,fabricados por vós mesmos? 27  Eu si, eu vouvos levar deportados alén de Damasco”,dixo Iavé, que ten por nome Deus dos Exércitos.

Notas ó pé