Eclesiastés (Qohélet) 1:1-18

1  Verbas de Qohélet, fillo de David, rei en Xerusalén.  Nada máis ca un sopro, —di Qohélet— un lene sopro, un breve aire é todo.   ¿Que proveito tira o home de tódalas angueiras polas que traballabaixo o sol?   Vaise unha xeración, vén outra,e a terra sempre queda.   Sae o sol, ponse o sol,volta sen folgos ó seu posto;de alí torna a xurdir.   Torna ó Sur, vira para o Norte,xira que xira, camiña o vento;volve o vento ás súas reviravoltas.   Tódolos ríos van dar no mar,e o mar non se enche. Para onde os ríos camiñan,alí tornan incesantes.   Tódalas verbas se esgotan;ninguén acada a expresarse. O ollo non se dá farto de ver,non se enche a orella de oír.   O que foi, iso será;o que xa se fixo, farase;pois nada hai novo baixo o sol. 10  Supón que de algo se diga: —“Mira que isto é novo”. ...Pois xa aconteceu nos tempos que nos precederon. 11  Non hai memoria dos devanceiros,nin a haberá dos vindeiros;non os relembrarán os que veñan despois. 12  Eu, Qohélet, reinei sobre Israel en Xerusalén, 13  e propúxenme pescudar e investigar aleuto todo canto acontece baixo o sol: dura tarefa que Deus lles impón ós humanos para que nela se afanen. 14  Contemplei tódalas accións que se fan baixo o sol. Resultado: todo é efémero e papar ventos. 15  O torcido non se pode endereitar,co que non hai non se pode contar. 16  Pensei para min: sen dúbida fíxenme famoso amoreando máis sabedoría ca tódolos que me precederon en Xerusalén; e a miña mente acadou grande saber e ciencia. 17  Esforceime así en coñece-lo que é a Sabedoría e o que son a Necidade e a Tolemia, e agora decátome de que tamén iso é papar ventos, 18  pois:“moito saber, moita molestia,e canta máis ciencia, máis sufrir”.

Notas ó pé