Eclesiastés (Qohélet) 3:1-22

3  Todo ten a súa hora, e hai un tempo fixado para cada asunto baixo os ceos:   Un tempo para nacer, e un tempo para morrer,un tempo para plantar e un tempo para arrinca-lo plantado,   un tempo para asasinar e un tempo para vendar,un tempo para derrubar e un tempo para edificar,   un tempo para chorar e un tempo para rir,un tempo para face-lo pranto e un tempo para bailar,   un tempo para espallar pedras e un tempo para apañalas,un tempo para abrazar e un tempo para se abster de abrazos,   un tempo para buscar e un tempo para perder,un tempo para gardar e un tempo para desbotar,   un tempo para rachar e un tempo para coser,un tempo para calar e un tempo para falar,   un tempo para amar e un tempo para odiar,un tempo para a guerra e un tempo para a paz.  ¿Que proveito pode acadar quen se esforza no seu traballo? 10  Decateime da tarefa que Deus lles deu ós homes para nela se ocuparen. 11  Todo o fixo axeitado no seu tempo, e púxolles na conciencia o senso do inconmensurable,* sen que o home descubra a razón da obra que Deus fai desde o principio á fin. 12  Recoñecín daquela que non hai cousa mellor para o home que se alegrar, e procura-la felicidade mentres viva. 13  Mais tamén que o home coma e beba e o pase ben á conta do seu, é don de Deus. 14  Comprendín que todo o que faga Deus durará para sempre:Nin se lle debe engadirnin se lle debe toller,Deus mesmo foi quen o fixopara que eles o respecten. 15  O que sucede xa pasou antes; o que vai vir xa acaeceu; mais Deus pode busca-lo que fuxiu. 16  Aínda vin outra cousa baixo o sol: no tribunal, o delito; na sede da orde, a transgresión. 17  Pensei para min: tanto ó xusto coma ó impío haos de xulgar Deus, pois:“Hai un tempo para todoe para cada acción hai un decreto”. 18  No tocante ós humanos, matinei deste xeito: próbaos Deus para que vexan que de seu son coma as bestas, 19  xa que igual é o destino dos homes e o das bestas: como morre este morre aquel; entrambos teñen o mesmo alento. Nin lle leva o home vantaxe ó bruto, xa que todos son un sopro. 20  Todos van dar no mesmo lugar: “Todos veñen do po; todos tornan ó po”. 21  ¿Quen pode saber se o alento dos homes ascende ás alturas ou se o bafo das bestas baixa á terra? 22  Decateime que non hai cousa mellor que o que o home se goce das súas obras. Tal é o seu quiñón, pois:“¿Quen pode darlle a vero que virá despois del?”

Notas ó pé

[Nota parcial] Así coma antes se falaba do tempo puntual (“et”), comparece agora o tempo sen límites (“olam”); a verba é de non doada traducción. No rabinismo viña a se-lo “mundo universo” ou “o eón”, mais na época de Qohélet aínda tiña a connotación de prolongación sinxela no tempo; e non significa de seu eternidade coma cualidade, senón a duración sen límites cara adiante e cara atrás: todo o espacio histórico, pasado e vindeiro, é o que se presenta diante dun home á procura de senso, e desde o seu intre actual non lle é dado abranguelo. Traducimos, por iso, “inconmensurable”.