Eclesiastés (Qohélet) 4:1-16

4  De novo púxenme a observar tódalas opresións que se cometen baixo o sol. E velaquí as bágoas de inocentes, sen que ninguén se apiade; vénlles violencia da banda dos opresores, sen que ninguén se apiade.  E felicitei ós mortos que xa finaron máis felices do que os vivos que han vivir aínda,  e por riba deles os que nin sequera naceron, pois non ollaron a dura tarefa que acontece baixo o sol.  Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:   “O parvo crúzase de brazose consúmese a si mesmo”,   Mais: “Mellor unha man chea, e paz,ca dúas, e traballo”,.....e papar ventos.  Tornei a considerar outra cousa efémera baixo o sol:  O caso onde hai un e non hai dous: un home sen fillo nin irmán e, con todo, traballando decote sen se dar farto de riquezas. (E non matina: —“¿Para quen traballo eu e me privo da felicidade?”). ¡Tamén vos é boa tolemia e esforzo ingrato!  Mellor son dous ca un: tirarán bo proveito do traballo de entrambos. 10  Se caen, un pode axudar ó outro. Mais, ¡malia o só! Cando caia non terá quen o erga. 11  E aínda máis: “Dous xuntos a durmir, quencen ben; un só ¿como se quentará?”. 12  E: “A un só, pódeselle; dous xuntos, resisten”. E: “Corda de tres fíos non se rompe axiña”. 13  Máis vale mozo pobre e listo ca rei vello e parvo, que xa non sabe facerse aconsellar. 14  Abofé, aquel sae da cadea para reinar, por máis que nacese pobre durante o reino do outro. 15  E observei a tódolos viventes que camiñan baixo o sol porse da parte do mozo aspirante ó trono que collía a sucesión. 16  Non se contaba a xente diante da que marchaba. E nembargantes, os vindeiros xa non irán tan ledos; pois tamén isto é un sopro e papar ventos.

Notas ó pé