Levítico 12:1-8

12  Faloulle o Señor a Moisés:  —“Fálalles ós fillos de Israel e dilles: A muller que enxendrou e deu a luz un fillo varón, quedará impura por sete días. Neste tempo manterase separada, coma nos días da menstruación: será impura.  No oitavo día será circuncidado o meniño,  e durante trinta e tres días ela seguirase purificando do sangue. Non tocará cousa sagrada, nin entrará no lugar santo, ata que pasen tódolos días da súa purificación.  Se deu a luz unha filla, quedará impura durante dúas semanas, coma na súa menstruación, e seguirase purificando do sangue durante outros sesenta e seis días.  Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,  que os ofrecerá diante do Señor e expiará por ela e quedará purificada. Esta é a lei para a muller, que deu a luz un fillo ou unha filla.  Se a muller, porén, non tivese ovellas abondo, ofrecerá dúas rulas ou dous pombiños: un como holocausto e outro como víctima expiatoria. O sacerdote expiará por ela, e quedará purificada”.

Notas ó pé