Malaquías 2:1-17

2  Agora esta orde vai para vós, sacerdotes:   Se non facedes caso e se non colledes a peito darlle gloriaó meu Nome —fala o Señor dos Exércitos—, botarei contra vós a maldicióne maldicirei a vosa bendición. Si, xa a maldicín porque non houbo entre vós quen o collese a peito.   Vede: eu romperéivo-lo brazo e tirarei bosta contra as vosas caras,a bosta das vosas festas. Seredes tirados na bosta.   Entón recoñeceredes que eu vos tiña enviado esta ordepara que fose realidade a miña alianza con Leví—fala o Señor dos Exércitos—.   A miña alianza con el fora vida e farturae tamén lle tiña concedido o temor,para que me respectee fose humilde ante a presencia do meu Nome.   Na súa boca houbo sentencia verdadeirae falsidade non se atopou nos seus labios. Con paz e con rectitude camiñou comigo,e a moitos fíxoos apartar da iniquidade.   Si, os labios do sacerdote son fieis á ensinanzae búscase a lei na súa boca: é o mensaxeiro do Señor dos Exércitos.   Pero vós apartastes a moitos do vieiro,desviástelos do cumprimento da lei,violáste-la alianza con Leví —fala o Señor dos Exércitos—.   Tamén eu vos volverei desprezables e viles para tódolos pobos, na medida en que vós non gardáste-los meus vieiros,e na medida en que non considerastes estimable a lei. 10  ¿Non temos todos nós un único Rei? ¿Non vos criou a todos o único Deus? ¿Por que traicionamos cada un ó seu irmán,violando a alianza de nosos pais? 11  Xudá obra a traición; cométese en Israel e en Xerusalén unha abominación. Certo, Xudá profana o santuario do Señor,ama e casa coa filla dun deus estranxeiro. 12  O Señor fará desaparece-lo home que tal cousa fixo,ó promotor e á testemuña: faraos desaparecer das tendas de Xacobe do grupo que presenta a ofrenda ó Señor dos Exércitos. 13  Velaí, esta segunda cousa fixestes: cubrir de bágoas o altar do Señor,de choros e de pranto,porque xa non fai caso da vosa ofrenda,nin recibe con gusto o que sae das vosas mans. 14  Vós dicides: “¿Por que?”Polo feito de que o Señor fixo de testemuña entre tie a muller da túa mocidade, porque ti a traicionaches,aínda que ela foi a túa compañeira e a muller da túa alianza. 15  Certo, o Señor fixo unha unidade,e a unidade ten carne e espírito. E ¿que busca a unidade? —Unha descendencia santa. Tende, pois, coidado do voso espírito,e non lle fagas traición á esposa da túa mocidade. 16  Se alguén repudia con odio —fala o Señor, Deus de Israel—,cobre de violencia o seu manto —fala o Señor dos Exércitos—. Tende, pois, coidado do voso espírito e non fagades traición. 17  Vós cansáde-lo Señor coas vosas palabras,e dicides: “¿En que o cansamos?”Cando dicides: “Tódolos que obran malson bos ós ollos do Señor: El sente amor por eses”;ou: “¿Onde está o Deus dos xustos xuízos?”

Notas ó pé