Números 29:1-40

29  No sétimo mes, no día primeiro do mes, celebraredes asemblea santa e non faredes obra ningunha servil; será para vós día de aclamación coas trompetas.  Ofreceredes un holocausto de aroma grato para o Señor: un xuvenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto.  A súa oblación de flor de fariña amasada co aceite será de catro quilos polo xuvenco, dous quilos e medio polo carneiro  e un quilo e medio por cada un dos sete años,  e ademais un chibo en sacrificio polo pecado para facerdes expiación por vós,  sen conta-lo holocausto do mes e maila súa oblación, o holocausto perpetuo e maila súa oblación, ademais das libacións preceptuadas, en sacrificio con lume de grato aroma para o Señor.  O dez dese sétimo mes teredes unha asemblea santa, e faredes penitencia e non realizaredes obra ningunha servil.  Ofreceredes en holocausto de aroma grato ó Señor un xuvenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto.  A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos polo xuvenco, dous quilos e medio polo carneiro, 10  e un quilo e medio por cada un dos sete años. 11  Un macho cabrío en sacrificio polo pecado, sen conta-lo sacrificio expiatorio e o holocausto perpetuo, coa súa oblación e mailas súas libacións. 12  O día quince do sétimo mes teredes unha asemblea santa; non faredes obra ningunha servil e celebraréde-la festa do Señor durante sete días. 13  Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: trece xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano, sen defecto. 14  A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos por cada un dos trece xuvencos, dous quilos e medio por cada un dos carneiros 15  e un quilo e medio por cada un dos catorce años; 16  un macho cabrío en sacrificio polo pecado, ademais do holocausto perpetuo coa súa oblación e maila súa libación. 17  No segundo día: doce xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 18  así como a súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado. 19  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo, a súa oblación e mailas súas libacións. 20  No día terceiro: once xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 21  e tamén a súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 22  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e maila súa libación. 23  No día cuarto: dez xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 24  a súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado. 25  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e maila súa libación. 26  No día quinto: nove xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 27  coa súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 28  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo e a súa oblación e maila súa libación. 29  No día sexto: oito xuvencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 30  coa súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 31  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e maila súa libación. 32  No día sétimo: sete xuvencos, sete carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 33  coa súa oblación e mailas súas libacións polos xuvencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 34  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e maila súa libación. 35  No día oitavo teréde-la asemblea; non faredes obra ningunha servil. 36  Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: un xuvenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto; 37  coa súa oblación e mailas súas libacións correspondentes polos xuvencos, o carneiro e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 38  Ademais diso, un macho cabrío en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e maila súa libación. 39  Tales son as cousas que faredes en honra do Señor nas vosas solemnidades, á parte dos vosos votos e ofrendas voluntarias, dos vosos holocaustos, oblacións, libacións e mais sacrificios pacíficos”. 40  (30:1) Moisés faloulles ós fillos de Israel conforme a todo o que lle ordenara o Señor.

Notas ó pé