Libro de Nehemías 11:1-36
11 Os xefes vivían en Xerusalén. O resto do pobo botou as sortes para facer vir un home de cada dez para que habitase en Xerusalén, a cidade santa, e os nove restantes nas vilas.
2 O pobo deu o seu parabén a todos cantos foron de grado para vivir en Xerusalén.
3 Lista dos xefes da provincia que fixaron a súa residencia en Xerusalén e nos pobos de Xudá. Cada un residiu na súa propiedade, na súa propia vila: os israelitas, os sacerdotes, os levitas, os servidores e os fillos dos servidores de Salomón.
4 En Xerusalén, habitaban algúns dos fillos de Xudá e de Benxamín.
Entre os fillos de Xudá: Ataías, fillo de Ozías, fillo de Zacarías, fillo de Amarías, fillo de Xefatías, fillo de Mahalalel, de entre os fillos de Peres.
5 E Maseías, fillo de Baruc, fillo de Col-Hozeh, fillo de Hazaías, fillo de Adaías, fillo de Ioiarib, fillo de Zacarías, fillo do xelonita.
6 Tódolos fillos de Peres vivían en Xerusalén en número de catrocentos sesenta e oito homes de armas.
7 Velaquí os benxaminitas: Salú, fillo de Mexulam, fillo de Ioed, fillo de Pedaías, fillo de Colaías, fillo de Maseías, fillo de Itiel, fillo de Isaías.
8 E despois: Gabbai, Salai: 928.
9 E Ioel, fillo de Zicrí, era o inspector, mentres que Iehudah, fillo do Senuah, era o segundo na vila.
10 Entre os sacerdotes: Iedaías fillo de Ioiarib, Iaquín,
11 Seraías, fillo de Hilquías, fillo de Mexulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitub, príncipe da casa de Deus,
12 como tamén tódolos seus irmáns que traballaban na casa de Deus: 822; Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pelalías, fillo de Amsí, fillo de Zacarías, fillo de Pashuz, fillo de Malquías
13 e os seus irmáns, xefes de familia: 242; Amasai, fillo de Azarel, fillo de Ahzai, fillo de Mexilemot, fillo de Imer,
14 e os seus irmáns, homes valentes: 128. O meu inspector era Zabdiel, fillo dos guedolitas.
15 Entre os levitas: Xemaías, fillo de Haxub, fillo de Azricam, fillo de Haxabías, fillo de Buní,
16 e Xabtai e Iozabad; entre os xefes dos levitas que tiñan ó seu cargo as obras exteriores do templo de Deus;
17 Matanías, fillo de Mikah, fillo de Zabdí, fillo de Asaf, o primeiro que dirixiu o canto e os rezos; Bacbuquías, o segundo dos seus irmáns, e Avdá, fillo de Xammúah, fillo de Galal, fillo de Iedutún.
18 Tódolos levitas da cidade santa: 284.
19 Os porteiros: Acub, Talmón, e os seus irmáns, que facían garda nas portas: 172.
20 O resto de Israel, sacerdotes, levitas, moraban en tódalas vilas de Xudá, cadaquén na súa propiedade.
21 Os servos habitaban o Ofel; Sihá e Guixpá eran os xefes dos servos.
22 O inspector dos levitas en Xerusalén era Ozzí, fillo de Baní, fillo de Haxabías, fillo de Matanías, fillo de Micá, de entre os fillos de Asaf; eran os cantores en activo na casa de Deus.
23 Había, en efecto, unha orde do rei respecto deles e un acordo concernente ós cantores, día a día.
24 Petahías, fillo de Mexezabel, de entre os fillos de Zérah, fillo de Xudá, vivía onda o rei para todo canto concernía ó pobo.
25 Nas aldeas e campos, os fillos de Xudá habitaban en Quiriat-Arbá e arredores, en Dibón e arredores, en Iecabsel e as súas aldeas,
26 en Iexúa, en Moladah, en Bet-Pélet,
27 en Hasar-Xual, en Beerxeba e arredores,
28 en Siclag, en Meconah e arredores,
29 en Ein-Rimón, en Sorah e en Iarmut,
30 en Zanóah, Adulam e as súas aldeas, en Láquix e nos seus campos, en Azecah e arredores. Establecéronse desde Beerxeba ata o val de Hinnom.
31 Os fillos de Benxamín establecéronse mais alá de Gueba, en Micmás, Aiah, Betel e arredores,
32 en Anatot, Nob, Ananías,
33 Hasor, Ramah, Guitaim,
34 Hadid, Seboín, Nebalat,
35 Lod e Onó, o val dos Obreiros.
36 Entre os levitas, algúns das rexións de Xudá foron a Benxamín.