Xeremías 13:1-27
13 Así me dixo o Señor:
—Vai mercar unha faixa de liño, e pona sobre os cadrís; pero na auga non a metas.
2 Eu merquei a faixa, conforme o mandato do Señor, e cinguín con ela os cadrís.
3 Volveu de segundas falarme o Señor:
4 —Colle a faixa que mercaches, a que tes sobre os cadrís; colle o camiño do Éufrates e esconde alí a faixa na fendedura dunha pena.
5 Eu fun, e escondina no Éufrates conforme o Señor me mandou.
6 E ó cabo de moito tempo díxome o Señor:
—Colle o camiño do Éufrates e recolle alí a faixa no lugar onde cha mandei esconder;
7 eu fun ó Éufrates, cavei un pouco e recollín a faixa no lugar onde a escondera: a faixa estaba podre, non servía para nada.
8 Veume de novo a palabra do Señor nestes termos:
9 —Así fala o Señor:
Do mesmo xeito farei podrece-la gloria de Xudá,e a grande gloria de Xerusalén.
10 Este pobo malvado que non quere escoita-las miñas palabras,que se comporta segundo os antollos do seu corazón,e que vai tras deuses alleos para lles dar culto e os adorar,será coma esa faixa que xa non serve para nada.
11 Así como a faixa cingue os cadrís, así quixen eu cinguirme de Israel e coa casa toda de Xudá, de xeito que fose o meu pobo, o meu renome, a causa da miña louvanza e da miña gloria; pero non me fixeron caso.
12 Haslles anunciar este oráculo:
—Así fala o Señor, o Deus de Israel: “Tódolos pelexos han de se encher de viño”. E responderanche: “¿Acaso non o sabemos de abondo, que tódolos pelexos se han encher de viño?”.
13 Ti responderaslles: “Así fala o Señor:
Ollade: eu estou enchendo de viño da borracheiraa tódolos habitantes deste país:
ós reis, sucesores de David, que sentan no seu trono;ós sacerdotes e ós profetas,e mais a tódolos habitantes de Xerusalén.
14 Hei facer que os escachicen,cada un contra o seu irmán,os pais e mailos fillos volveranse agresivos —é o Señor quen fala—,xa non teño compaixón nin sinto lástimanin me compadezo de acabar con eles”.
15 Oíde, escoitade, non sexades soberbios,que é o Señor quen fala:
16 Dádelle ó Señor, o voso Deus, a debida adoración,antes de que apareza a escuridade,antes de que tropecen os vosos péscontra os montes das sombras;vós esperades con ansia a luz do nacente,e velaí a escuridade mortífera que se volve espesa nube.
17 Se non lle facedes caso, eu chorarei ás agachadas,por causa da vosa soberbia correrán as miñas bágoas,bágoas baixarán dos meus ollos,xa que vai cativo o rabaño do Señor.
18 Dilles ó rei e á raíña:
—Humilládevos, sentádevos no chan,pois está caendo das vosas cabezasa coroa da vosa gloria.
19 As cidades do sur están pechadas xa,e non hai quen as abra;levan a Xudá ó desterro, a todo el,depórtano en masa.
20 Levanta os teus ollos,olla para os que veñen do norte.
¿Onde están as ovellas que se che deron,o rabaño da túa gloria?
21 ¿Que dirás cando che pidan contas das túas débedas?
Ti xa lles ensináche-la túa débeda:
dúas mil moedas por cabeza.
¿Acaso non che van quita-los rabaños?
¿Como é que te desesperaspor culpa da débeda?
22 ¿E como é que non pensaspara os teus adentros:
“Por que berran estes comigo”?
Polos teus moitos pecadoslevántanche as faldas,tratan con violencia os teus calcañares.
23 ¿Poderá cambia-la súa pel o etíope?
O leopardo ¿poderá cambia-la súa pelaxe pintada?
O mesmo vós, ¿seredes capaces de obrar ben, estando afeitos á ruindade?
24 Pois eu esparexereinos coma a palla,que desaparece co vento do deserto.
25 Esta será a túa sorte,a paga que recibes da miña parte polas túas mans —é o Señor quen fala—.
A ti que me deixaches a min a un ladoe confiaches na mentira,
26 tamén eu che levantareias faldas ata a túa cara,para que se vexan as túas vergonzas,
27 os teus adulterios,os teus rinchos de luxuria,os proxectos da túa fornicación.
Nos outeiros do campovin as túas abominacións.
¡Ai de ti, Xerusalén,que non queres purificarte!
¡Apúra-la túa morte eterna!