Xeremías 25:1-38

25  O ano cuarto de Ioaquim fillo de Ioxías, rei de Xudá, que foi o ano primeiro de Nabucodonosor, rei de Babilonia, veulle a Xeremías este discurso para todo o pobo.  O profeta Xeremías anuncioullo a todo o pobo de Xudá e a tódolos veciños de Xerusalén, dicíndolles:  —Desde o ano trece de Ioxías, fillo de Amón, rei de Xudá, ata hoxe estame vindo a palabra do Señor e véñovos falando, madrugo para falarvos; pero non facedes caso.  O Señor mandóuvo-los seus servos, os profetas, madrugou para mandárvolos; pero non fixestes caso nin prestáste-lo voso oído para escoitar.  Véñovos dicindo: “Volvédevos cada un do seu mal camiño e da ruindade dos vosos feitos e vivide na terra, que desde sempre e para sempre vos deu o Señor a vós e a vosos pais.  Non vos vaiades tras deuses alleos, nin os sirvades e adoredes, nin me enchades de ira coas obras das vosas mans, e deste xeito non vos farei mal”.  Pero non me fixestes caso —é o Señor quen fala—, e enchéstesme de ira coas obras das vosas mans, para a vosa desgracia.  Por iso, así fala o Señor dos Exércitos: —Xa que non fixestes caso da miña palabra,  velaquí que eu pola miña conta —é o Señor quen fala— envíovos tódalas tribos do norte e mais a Nabucodonosor, rei de Babilonia, o meu servo; heinos de traer contra esta cidade e os seus habitantes e contra tódolos pobos que están ó seu arredor, e consagrareinos á destrucción total; heinos converter nunha vergonza, nunha burla e nunha ruína para sempre. 10  Farei desaparecer entre eles os berros de alegría e os berros de gozo, as cántigas dos mozos, as cántigas das mozas, o ruído das pedras de moer e a luz do candil. 11  Todo este país será unha desolación e un estrago, e todos estes pobos serán servos do rei de Babilonia durante setenta anos. 12  Pero cando se cumpran os setenta anos, heilles pedir contas ó rei de Babilonia e ó seu pobo das súas iniquidades, o mesmo que ó país dos caldeos, que converterei nunha desolación para sempre. 13  E cumprirei con este país tódalas ameazas que contra el pronunciei. Cumprirei todo o escrito neste libro, que contén o que Xeremías profetizou contra tódolos pobos. 14  Xa que eles escravizaron a moitos pobos e a grandes reis, tamén eu lles pagarei conforme os seus feitos e as obras das súas mans. 15  O Señor, Deus de Israel, díxome isto: —Cólleme esta taza de viño, colle da miña man este veleno: fáillelo beber a tódolos pobos, ós que eu che mando. 16  Que beban, que vomiten a borracheira, que enlouquezan ante a espada que eu boto entre eles. 17  Collín a taza da man do Señor, e deilles de beber a tódolos pobos ós que o Señor me mandou. 18  Deilles de beber a Xerusalén e ás cidades de Xudá, ós seus reis e ós seus nobres, para os converter nunha ruína desoladora, en mofa e en maldición tal como hoxe están. 19  Deilles de beber ó Faraón, rei de Exipto, ós seus criados, ós seus principais, a todo o seu pobo, 20  e a tódolos seus sacerdotes; a tódolos reis do país de Us, a tódolos reis de Filistea: a Axquelón, a Gaza, a Ecrón e ó que quedaba de Axdod. 21  Deilles de beber a Edom, a Moab e ós amonitas: 22  a tódolos reis de Tiro, a tódolos reis de Sidón e ós reis da illa que está ó poñente do mar; 23  a Dedán, a Temá e a Buz e a tódolos que levan a cabeza rapada polos lados. 24  A tódolos reis da Arabia, e a tódolos reis do poñente que viven na estepa; 25  a tódolos reis de Zimrí, a tódolos reis de Elam e a tódolos reis de Madai. 26  A tódolos reis do norte, ós de preto e ós de lonxe. A cada un despois do outro, e a tódolos reinos que viven na superficie da terra, pero o rei de Xexac beberá despois deles. 27  Haslles dicir: —así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: “Bebede, emborrachádevos, vomitade e caede,sen serdes capaces de vos ter de pé,á vista da espada que eu estou lanzando no medio de vós”. 28  E se refugasen colle-la taza da túa man para beber, dilles: —Así fala o Señor dos Exércitos: “Beber si que haberedes beber”. 29  Pois se eu comezo a castigar empezando pola cidade onde se invoca o meu Nome, ¿ides quedar vós libres? Non quedaredes libres, pois eu estou reclamando a espada contra tódolos habitantes do mundo —é o Señor dos Exércitos quen fala—. 30  —Ti proclama contra eles todos estes oráculos e dilles: “O Señor roxe desde o alto,lanza a súa voz desde a súa santa morada;roxe contra as súas posesións,lanza berros, coma os dos que pisan no lagar,a tódolos habitantes do mundo”. 31  A devastación chega ó cabo da terra,xa que o Señor ten un preito cos pobos,está xulgando a tódolos homes,e os culpables entregaraos á espada—é o Señor quen fala—. 32  Así fala o Señor dos Exércitos: —Velaí a desgracia que salta dun pobo a outro pobo,unha gran tempestade ponse en camiño desde os extremos da terra. 33  No día aquel os feridos de morte polo Señorestenderanse dun cabo ó outro da terra;non se fará loito por eles,non serán retirados nin enterrados;quedarán de esterco sobre a tona da terra. 34  ¡Ouveade, pastores! ¡Dade gritos! ¡Enzoufádevos na lama, xefes do rabaño! Velaí cumpridos os vosos días para serdes degolados;eu fíxenvos nadar na fartura,pero vós caedes coma un vaso precioso. 35  Perdeuse todo refuxio para os pastores,e todo escriba para os xefes do rabaño. 36  Óense berros de desesperación dos pastores,ouveos dos xefes do rabaño: é o Señor quen está arruinando os seus pasteiros. 37  Desaparecen os pasteiros da fartura,por causa do furor da ira do Señor. 38  Coma o león deixa a súa cova,así o país vólvese unha desolación,por causa do furor do Poderoso,por causa do furor da súa ira.

Notas ó pé