Xeremías 3:1-25
3 Dilles:
—Se un deixa a súa muller, e ela se vai de onda el,e ela é doutro home, ¿volverá onda ela o primeiro?
¿Por acaso non está profanada esta cidade?
¿E ti non e-la prostituta de moitos amantes?
Pero volve a min —é o Señor quen fala—.
2 Ergue os ollos para os teus dous amantes:
¿onde non fornicaron contigo?
A beira dos camiños sentábaste agardándoos,como fan os nómadas de Arabia no deserto.
Profanáche-la terracoas túas prostitucións e coas túas maldades.
3 Non se che dan as chuvias do ceo, non hai a chuvia do abril.
Ti tes cara de prostituta, e non queres avergonzarte.
4 ¿Acaso non viñeches onda min? ¿Acaso non me clamaches: “meu Pai,ti e-lo amigo da miña xuventude”?
5 ¿Seguirá Deus enfadado para sempre,ou gardarame rancor perpetuo?
Velaquí o que ti dis, pero segues facendo as maldadese cada vez con máis forza.
6 Nos tempos do rei Ioxías díxome o Señor:
—¿Non víche-lo que fixo a apóstata Israel, que subía a todo monte alto e se agachaba baixo toda árbore frondosa, para se dar alí á prostitución?
7 Despois que ela fixo contra min todas estas cousas, eu dixen: “Converterase”, pero non se converteu.
Ollouno Xudá, a pérfida da súa irmá.
8 Mostrei quen son castigando a apóstata Israel por se dar ó adulterio: rechaceina e deille a acta de divorcio. Pero non colleu medo a pérfida da súa irmá Xudá, e vai e dáse á prostitución tamén ela.
9 A súa lixeireza para a prostitución corrompe o país, xa que comete adulterio cos que son pedra e madeira.
10 A pérfida de Xudá non se aparta converténdose a min de corazón, senón soamente na aparencia —é o Señor quen fala—.
11 Logo díxome o Señor:
—Máis xusta é a actitude da apóstata Israel cá da pérfida Xudá.
12 Vai e proclama a berros este oráculo cara ó norte:
Volve, apóstata Israel —é o Señor quen fala—,e non deixarei cae-lo meu enfado sobre vós;ollade que eu son compasivo —é o Señor quen fala—e non me quero enfadar contra a vosa rebeldía.
13 Recoñece a túa impiedade,pois pecaches contra o Señor, teu Deus,dirixíche-los teus camiños a deuses estranxeirosbaixo calquera árbore frondosae non quixeches escoita-la miña voz—é o Señor quen fala—.
14 Arrepentídevos, fillos apóstatas—é o Señor quen fala—,velaquí, eu serei o voso defensor:
collereivos a un de cada cidade, e a dous de cada triboe traereivos a Sión.
15 Dareivos pastores conforme a miña ideaque vos gobernen con sabedoría e sexan prudentes.
16 Habédesvos de multiplicare aumentar no país naqueles días —é o Señor quen fala—.
Ninguén falará da arca da alianza do Señor,nin se lles virá á cabeza, nin se lembrarán dela,nin a botarán de menos, nin farán unha nova.
17 No tempo aquel chamaranlle a Xerusalén “trono de Deus”e xuntaranse nela tódolos pobospolo poder do Señor e por mor de Xerusalén,e xa non volverán a segui-los desexos do seu ruín corazón.
18 Desde aqueles días xuntaranseo reino de Xudá co reino de Israel(e xuntos virán da rexión do norte ó paísque eu lles dei en herdanza a seus pais).
19 Velaquí que eu xa teño dito:
—¡Con que amor te conto entre os meus fillose che dou un país precioso,e herdas unha gloria superior ás demais nacións!
¡Con que gusto eu repito: chamarédesme “meu Pai”,endexamais non deixaredes de seguirme!
20 O mesmo que unha muller traiciona o seu marido,así vós me traicionades a min, reino de Israel—é o Señor quen fala—.
21 Escóitanse berros nos petoutos,choros suplicantes dos fillos de Israel.
Velaquí que perderon o seu camiño,esqueceron o Señor, seu Deus.
22 —Volvede, fillos apóstatas,eu fareivos abandona-las vosas apostasías.
—Míranos aquí, que vimos xunto a ti,xa que ti, Señor, e-lo noso Deus.
23 En verdade, ¡que engano hai nos outeiros,que confusión nos montes!
En verdade, no Señor noso Deus,está a salvación de Israel.
24 Cousas vergonzosas consumiron os aforros dos nosos paisdesde a nosa xuventude(as súas ovellas e vacas, os seus fillos e fillas).
25 Deitámonos coa nosa desvergonza e tapounos a nosa ignominia;pecamos contra o Señor, o noso Deus, nós e nosos pais,desde a nosa xuventude ata hoxe;non fixemos caso da palabra do Señor, noso Deus.