Xeremías 32:1-44

32  Esta é a palabra que de parte do Señor lle veu a Xeremías no ano décimo de Sedecías, rei de Xudá, o que corresponde ó ano décimo oitavo de Nabucodonosor.  Naquel entón os exércitos do rei da Babilonia estaban a cercar Xerusalén, mentres o profeta Xeremías estaba preso no patio da garda que había no palacio do rei de Xudá.  Prendérao Sedecías, o rei de Xudá, acusándoo: —¿Por que profetizas ti dicindo: así fala o Señor: “Eu entrego esta cidade ó poder do rei de Babilonia, para que a conquiste?  E Sedecías, o rei de Xudá, non se escapará das mans dos caldeos, senón que será entregado de certo no poder do rei de Babilonia, e falarán cara a cara, e veranse fronte a fronte.  El conducirá a Babilonia a Sedecías, quen quedará alí ata que eu me ocupe del —é o Señor quen fala—. Aínda que resistades contra os caldeos, non sairedes con éxito”.  Entón dixo Xeremías: —A palabra do Señor veu a min nestes termos:  Velaí vén Hanamel, fillo do teu tío Xalum, onda ti, a dicirche: “Merca para ti o campo que eu teño en Anatot, xa que es ti o que ten dereito de rescate para adquirilo”.  E, efectivamente, segundo a palabra do Señor, chegou Hanamel, o meu primo, o fillo do meu tío, ó patio da garda, e díxome: “Mércame o campo que teño en Anatot, na rexión de Benxamín, xa que ti te-lo dereito de herencia e a ti correspóndeche rescatalo: cómprao para ti”. E eu comprendín que aquilo era unha orde de Deus,  e merqueille a Hanamel, fillo do meu tío, o campo que el tiña en Anatot e peseille a prata: dezasete siclos foi o prezo. 10  Escribín o documento de compra, seleino e cerreino, fíxenllelo asinar ás testemuñas e pesei a prata na balanza. 11  Logo collín a escritura da compra, o texto selado e cerrado coa lei e coas determinacións, e o texto aberto, 12  e entregueille o documento de compra a Baruc, fillo de Nerías, fillo de Maseías, á vista de Hanamel, o meu primo, á vista das testemuñas, que asinaran a escritura da compra, e á vista de tódolos xudeus que estaban presentes no patio da garda: 13  á vista deles, deille a Baruc esta orde: 14  “Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Colle estes documentos, a escritura desta compra, a escritura cerrada e selada e esta escritura aberta, e ponos nunha ola de barro para que duren moito tempo, 15  pois así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Aínda se volverán mercar casas, campos e viñas neste país”. 16  Despois de lle dar a Baruc, fillo de Nerías, o documento da compra, dirixinlle ó Señor esta oración: 17  —¡Ai, meu Señor, meu Deus! Ti fixéche-lo ceo e maila terraco teu grande poder e co teu brazo estendido,nada hai demasiado difícil para ti. 18  Ti usas de fidelidade con miles e miles,mentres que devólve-la iniquidade dos paisó seo dos fillos que os suceden. Este é o gran Deus, o guerreiro valente;Señor dos Exércitos é o seu Nome. 19  ¡Grandeza a deste plan, sublimidade a destes feitos! Pois os teus ollos están ben abertossobre o comportamento de tódolos homes,para darlle a cada un conforme a súa conductae os froitos das súas obras. 20  Mostrácheste realizando sinais e prodixiosno país de Exipto ata o día de hoxe,e deste xeito en Israel e en todo o mundoadquiriches un renome coma o que hoxe tes, 21  xa que sacáche-lo teu pobo Israeldo país de Exipto con sinais e con prodixios,con man forte e brazo estendido,con impresionante poder, 22  e décheslles esta terraque lles xuraras dar a seus pais,terra que deita leite e mel. 23  Entraron e tomaron posesión dela,pero non escoitaron a túa voz,nin seguiron as túas normas,non fixeron o que ti lles mandaras facer. Por isto fixeches que lles acontecese toda esta desgracia. 24  Velaquí as rampas de asedio que chegan á cidade para conquistala,a cidade entrégase ó poder dos caldeos,que a estiveron asediando coa espada, a fame e a peste. Está a suceder o que eu dixen, e ti estalo a ver. 25  Pero, ti, meu Señor, Deus, acábasme de dicir: “Merca o campo con prata, fai asinar ás testemuñas”,cando a cidade está sendo entregada ós caldeos. 26  Entón veulle a Xeremías a palabra do Señor nestes termos: 27  —Eu, o Señor, son o Deus de tódolos homes: ¿acaso hai algo imposible para min? 28  Por isto, así fala o Señor: —Vou entregar esta cidade ó poder dos caldeos, ó poder de Nabucodonosor, rei de Babilonia, que a conquistará. 29  Os caldeos que están asediando esta cidade entrarán nela e prenderanlle lume; incendiarán as casas onde, nas terrazas, queimaron incenso en honor de Baal e verteron libacións a deuses alleos para anoxarme a min. 30  Pois foron os fillos de Xudá e mailos fillos de Israel os que xa desde a súa mocidade estiveron cometendo maldades ós meus ollos; certo, os fillos de Israel estanme a ofender coas prácticas idolátricas —é o Señor quen fala—. 31  A pesar da miña ira e a pesar do meu furor, esta cidade está contra min desde o día en que a construíron ata o día de hoxe. ¡Que se aparte da miña presencia, 32  por toda a maldade dos fillos de Israel e dos fillos de Xudá que me fixeron enfadar: eles, os seus reis, os seus principais, os seus sacerdotes, os seus profetas, os homes de Xudá, os habitantes de Xerusalén! 33  Volvéronme as costas e non deron a cara. Ensinéille-la sabedoría, pero eles non aprenderon a lección do castigo. 34  Poñen as súas abominacións no templo sobre o que se invoca o meu Nome para profanalo. 35  Ollade: nos outeiros do val de Ben Hinnom construíron os altares de Baal para pasar polo lume os seus fillos e mai-las súas fillas en honor de Molok, cousa que nin eu lles mandei; nin se me veu á cabeza que fixesen semellante horror, extraviando deste xeito a Xudá. 36  Pois ben, agora así fala o Señor, Deus de Israel, encol desta cidade, que vós vedes que está á mercede do poder do rei de Babilonia, da espada, da fame e da peste. 37  “Vede que os vou xuntar de tódolos países a onde os dispersei por causa da miña ira, da miña furia e do meu grande noxo, e farei que volvan a este lugar e que vivan con toda a seguridade. 38  Eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus. 39  Daréille-la mesma mentalidade e o mesmo comportamento, de xeito que me respecten sempre. ¡Que ben será para eles e para os fillos que os sucedan! 40  Pactarei con eles unha alianza eterna; non me apartarei deles para lles facer ben e porei o meu respecto no seu corazón, de xeito que non se aparten da miña presencia. 41  Alegrareime neles facéndolles ben e na miña fidelidade heinos plantar nesta terra con todo o meu corazón e con tódalas miñas forzas”. 42  Así fala o Señor: —O mesmo que trouxen sobre este pobo toda esta grande calamidade, así tamén lles traerei todo o ben que lles estou prometendo. 43  Mercarase o teu campo neste país que vós estades vendo feito unha desolación por falta de homes e de animais, que está sendo entregado ó poder dos caldeos. 44  Mercarán campos con prata, redactarase a escritura, asinarana e cerrarana e firmarán as testemuñas na rexión de Benxamín, nos arredores de Xerusalén, nas cidades de Xudá, nas cidades da montaña, nas cidades da Xefelah e nas cidades do Négueb, xa que eu farei volve-los seus cativos —é o Señor quen fala—.

Notas ó pé