Xeremías 33:1-26

33  A palabra do Señor veulle de segundas a Xeremías nestes termos, mentres continuaba aínda preso no patio da garda.  Así fala o Señor, que o fará; o Señor, que lle dará forma;o Señor daralle o ser;o seu nome é Iavé:  —Chámame e respondereiche,e mostrareiche cousas grandes e inaccesibles: ti non as coñeces.  Así fala o Señor, Deus de Israel, acerca das casas desta cidade e dos palacios dos reis de Xudá que están para ser arrasados. A forza das rampas de asedio e a forza da espada  veñen loitar xunto cos caldeos: encheranos a eles de cadáveres de homes que eu ferín coa miña ira e co meu furor, xa que lle escondín a miña cara a esta cidade por toda a súa maldade.  Pero velaquí que eu lle poñerei á cidade remedios e curas, e curareina; descubriréille-las riquezas da paz e da fidelidade.  Farei volve-los cativos de Xudá e os cativos de Israel, e restablecereinos coma no principio.  Purificareinos de toda a súa iniquidade, coa que pecaron contra min; perdoarei tódalas iniquidades coas que pecaron contra min e coas que se rebelaron contra min.  Isto será para min un alegre renome, un motivo de louvanza e de gloria ante tódolos pobos da terra, que oian todo o ben que eu lles fixen a Xudá e a Israel; os pobos saltarán e brincarán de ledicia por todo o ben e toda a paz que eu lles fixen. 10  Así fala o Señor: neste lugar que vós vedes que está devastado por falta de homes e por falta de animais; nas cidades de Xudá e nas rúas de Xerusalén, desoladas por falta de homes, por falta de habitantes e por falta de animais, aínda se volverán oír 11  berros de alegría e voces de gozo, o cantar do esposo e a cántiga da esposa, e a salmodia dos que, ó presentaren o sacrificio de acción de gracias no templo do Señor, dirán: “Louvade o Señor dos Exércitos ¡Que bo é o Señor! ¡Eterna é a súa fidelidade!”. Si, eu farei volve-los cativos desta nación coma nun principio —dío o Señor—. 12  Así fala o Señor dos Exércitos: neste país desolado por falta de homes e por falta de animais, e en tódalas súas cidades, aínda volverá haber pasteiros de pastores que fagan descansa-los seus rabaños. 13  Nas cidades da montaña, nas cidades da Xefelah, nas cidades de Négueb, na rexión de Benxamín, nos arredores de Xerusalén e nas cidades de Xudá, aínda volverán pasa-las reses ante as mans do que as conta —di o Señor—. 14  Velaquí os días —é o Señor quen fala—nos que cumprirei a promesaque lles fixen á casa de Israel e á casa de Xudá. 15  Nos días aqueles e no intre aquelfarei abrollar de David un retoño lexítimo,que practicará o dereito e a xustiza no país. 16  Nos días aquelessalvarase Xudá,e Xerusalén descansará na seguridade,e este lugar chamarase: “¡Iavé, nosa xustiza!”. 17  Certo, así fala o Señor: non será privado David dun que sente no trono da casa de Israel, 18  nin ós sacerdotes levíticos os privarán de que me sirvan na miña presencia ofrecendo holocaustos, queimando ofrendas e celebrando o sacrificio de tódolos días. 19  Veulle a palabra de Deus a Xeremías nestes termos: 20  Así fala o Señor: —Cando quebrantan a miña alianza de día e cando a quebrantan de noite, o meu corazón estarrece día e noite polo seu matinar; 21  de certo que rompe o meu pacto co meu servo David, que non lle faltaría un fillo que fose rei no seu trono, e rompe o meu pacto cos sacerdotes levíticos, meus servidores. 22  Pero o mesmo que non se contan as estrelas do ceo, nin se dá medido a area do mar, así hei de multiplica-la descendencia de David, o meu servo, e a dos levitas que me serven a min. 23  Logo veulle a palabra do Señor a Xeremías nestes termos: 24  —¿Acaso non viches o que este pobo di? “As dúas familias que o Señor escollera, rechazounas”. Así rexeitan o meu pobo e non o consideran pobo ante eles. 25  Así fala o Señor: Tan certo como cumpro a miña alianza co día e coa noite, e teño establecidas as leis do ceo e da terra, 26  así non rexeito a descendencia de Xacob e de David, o meu servidor, nin deixarei de coller dela os xefes para a descendencia de Abraham, Isaac e Xacob. Certo, eu rescatarei a súa catividade e compadecereime desta descendencia.

Notas ó pé