Xeremías 48:1-47
48 Acerca de Moab, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel:
—¡Ai do poder de Nebó! Está arrasado.
¡Ai da súa capital! Está arrasada e conquistada.
¡Ai da súa fortaleza, desolada e desfeita!
2 Xa desapareceu o renome de Moab.
Desde Hexbón proxectaron desgracias contra el:
“Vaiamos e eliminémolo de entre os pobos”.
Desde Dimón chorarás a berros,pois perséguete a espada.
3 Desde Horonaim veñen gritos pedindo socorro,grande ruína e devastación.
4 Moab está devastada,os seus aflixidos fan oír grandes clamores.
5 Quen excita as súas meixelascon choro aumenta o choro.
Ó rebelarse contra os seus vieiros angustiosos,escoita os gritos de desolación:
6 ¡Correde e salvade a vosa vida!
Sede no deserto coma o burro salvaxe.
7 Velaí: por fiarte das túas obrase dos teus tesouros,tamén ti serás conquistada.
E Kemox irá ó desterro,xunto cos seus sacerdotes e os seus príncipes.
8 O conquistador entrará en tódalas cidades,e ningunha cidade escapará.
Perderase a veiga,será devastada a chaira—é a sorte que dixo o Señor—.
9 Dádelle sal a Moab,pois certo que se renderá.
As súas cidades volveranse unha desolación,por falta de quen habite nelas.
10 Maldito quen cumpre o encargo do Señor con pouco xeito,maldito quen retén a súa espada apartada do sangue.
11 Moab está en paz desde a súa xuventude,descansa tranquilo coma o viño nas súas borras,pois non foi trafegado dunha cuba a outra:
ó desterro non foi;por isto permanece nel o sabor,e o aroma non se alterou.
12 Pois ben, velaí chegan días—é o Señor quen fala—nos que lle mandarei trafegadores que o trafeguen;derramarán as cubase esnaquizarán as cántaras de barro.
13 Moab avergonzarase de Kemox,como a casa de Israel se avergonzou de Betel,o motivo da súa confianza.
14 ¿Como vos atrevedes a dicir: nós somos valentes,homes fortes para a guerra?
15 O devastador do Moab e das súas cidades sobe,o escollido dos seus soldados baixa ó matadeiro—oráculo do Rei, que ten por nome Señor dos Exércitos—.
16 A desgracia de Moab está a punto de chegar,o seu desastre vén á présa desde as augas abismais.
17 Chorade por el tódolos seus veciños,tódolos que coñecéde-lo seu renome.
Dicide: ¡como se partiu a vara de mando,o cetro da gloria!
18 Baixa do trono, senta no chan seco,poboación da filla de Dibón,porque o devastador de Moab sobe contra ti,destrúe as túas cidades ben muradas.
19 Mantente firme no camiño,e estate en vela, poboación filla de Aroer,pregúntalles ó fuxitivo e ó que escapa, e dilles:
“¿Que pasou?”
20 Moab está avergonzada, está tan horrorizada:
Laméntate, pide auxilio;anunciádeo no Arnón:
¡Moab está arrasada!
21 Xa vén o xuízo de condenación sobre a terra cha:
Sobre Holón, Iasah, Mofeat,
22 sobre Dibón, Nebó e Bet-Diblataim,
23 sobre Quiriataim, Bet Gamul, Bet Meón,
24 sobre Queriot e Bosrah,e sobre tódalas cidades do país de Moab,as de lonxe e as de cerca.
25 Partiu o corno de Moab,e o seu brazo rompeu —é o Señor quen fala—.
26 Emborrachádea, pois a súa débeda co Señor fíxose grande;que caia Moab no seu vómito,que se converta en obxecto clamoroso de riso para ti.
27 ¿Acaso Israel non foi para ti o mesmo obxecto de riso,cando se atopou entre ladróns?
¿Acaso non abaneáche-la cabeza burlonamente,todas cantas veces as túas verbas se dirixiron a ela?
28 Deixade as cidades e vivide entre os penedos,habitantes de Moab;sede coma as pombas que aniñan ó outro lado dun barranco.
29 Estamos sabedores da soberbia do orgulloso Moab,crecen a súa insolencia e o seu orgullo,a súa presunción e maila altivez do seu corazón.
30 Eu coñezo a súa arrogancia —é o Señor quen fala—:
inxustiza é o que fan coas súas mans.
31 Por isto lamentareime por Moab, clamarei por todo Moab,haberá pranto polos homes de Quir-Heres.
32 Máis cós choros por Iazer,chorarei eu por ti, viña de Sibmah:
os teus sarmentos traspasan o mar,máis aló do mar chega a túa axuda;pero o devastador caerá sobre a túa colleita e a túa vendima.
33 Desaparecerá o gozo e a alegríadas viñas e das chairas de Moab.
Acabarei co viño das súas cubas;o trono da tormenta si que o avolverá,un trono e mais dous tronos.
34 Os berros de auxilio de Hexbón chegan ata Elaleh, ata Iahás. Lanzan os seus gritos desde Soar ata Horonaim, a xuvenca de tres anos; pois mesmo as fontes de Nimrim se volven unha desolación.
35 En Moab acabarei —é o Señor quen fala—con quen ofrece holocaustosnas ermidas dos outeiros,e con quen queima incenso ós seus deuses.
36 Por isto o meu corazón axítase por Moab coma unha frautae coma unha frauta xeme o meu corazón polos homes de Quir-Heres,por isto o máis precioso da arada volverase un ermo.
37 Velaí as cabezas peladas e tódalas barbas rapadas;en tódalas mans, incisións; e sobre os riles, os sacos;
38 en tódalas terrazas de Moab e en tódalas súas prazastodo é unha lamentación,pois eu esnaquicei a Moab coma cacharro inútil—é o Señor quen fala—.
39 ¡Que horrorizada está! ¡Lamentádevos!
¡Como volve as costas Moab avergonzada!
Converteuse na burla e no escarnio de tódolos seus veciños.
40 Así fala o Señor:
Velaí, coma unha aguia voa e estende as súas ás contra Moab.
41 As súas cidades serán conquistadas, e as súas fortalezas tomadas.
No día aquel o corazón dos soldados de Moabserá coma o corazón dunha muller nas angustias do parto.
42 Moab deixará de ser un pobo,porque se ensoberbeceu contra o Señor,
43 O terror, o pozo e o cepo están ante ti,habitante de Moab —é o Señor quen fala—.
44 Quen escapa da presencia do terror, cae no pozo;e quen sobe do pozo é collido no cepo.
Eu fago vir sobre el, sobre Moab,o ano das súas contas —é o Señor quen fala—.
45 Ó amparo de Hexbón detéñense os fuxitivos sen forzas,de Hexbón sae lume,e as lapas saen do neutral Sihón,devoran a cabeza de Moab polos dous ladose o cráneo dos fillos da destrucción.
46 ¡Ai de ti, Moab! ¡Está perdido o pobo de Kemox!
Os teus fillos son levados á catividade,e as túas fillas ó desterro.
47 Pero ó cabo duns anos volverei a trae-los desterrados de Moab—é o Señor quen fala—.
Ata aquí o xuízo de Moab.