Xeremías 51:1-64
51 Así fala o Señor:
Vou suscitar contra Babiloniae contra os habitantes do niño,dos que se levantan contra min, unha forza destructora.
2 Mandarei a Babilonia uns ventos,que a aventarán e deixarán baleira a súa terra.
De todo o arredor caerán sobre elano día da desgracia.
3 Que o exército avance, avance,que o exército teña garbo da súa armadura;non teñades compaixón dos seus soldados,consagrade á destrucción todo o seu exército.
4 Que caian feridos de morte na capital dos caldeos,que caian atravesados pola espada nas súas rúas.
5 Pois nin Israel nin Xudá están viúvasdo seu Deus, do Señor dos Exércitos,aínda que as súas capitais están cheas de culpaante o Santo de Israel.
6 Fuxide do medio de Babilonia,que cada un salve a súa vida,non perezades por causa da súa iniquidade,pois é o momento da vinganza para o Señor,é o momento do desquite para quen lle paga o seu merecido.
7 Na man do Señor, Babilonia era unha copa de ouroque emborrachaba a todo o mundo:
do seu viño beberon as naciónse por isto todas se volveron tolas.
8 Babilonia caeu de repente e esnaquizouse:
lamentádevos por ela.
Collede bálsamo para a súa dor,¡quizais cure!
9 Nós tratamos de curar a Babilonia,pero non curou.
Abandonádea e marchemos cada un ó seu país,pois a súa sentencia chega ó ceo,e érguese ata as nubes máis finas.
10 O Señor sacou á luz os nosos dereitos:
Vinde e cantemos en Sión a obra do Señor noso Deus.
11 Limpade as frechas, enchédeas de veleno.
O Señor espertou o espírito dos reis de Media.
Contra Babilonia está o seu plan de destruíla.
Si, a vinganza do Señoré a vinganza polo seu templo.
12 Fronte ás murallas de Babilonia levantade a bandeira,reforzade a garda,poñede postos de sentinelas,colocade xentes para emboscadas.
Si, tal como o Señor dixo dos habitantes de Babilonia,tal como o planeou, así o fai.
13 Ti, señora de riquezas,vives entre moitas augas,chegou a túa fin,a medida da túa existencia.
14 O Señor dos Exércitos xura pola súa vida:
Heite encher de homes coma de saltóns,que clamarán contra ti: “¡Victoria!”.
15 El fixo a terra co seu poder,creou a terra de labor coa súa sabedoría,estendeu o ceo coa súa intelixencia.
16 ¡Un trono! El pon no ceo un fragor de augase fai subir nubes do cabo da terra,produce os lóstregos para a chuvia,e saca o vento dos seus depósitos.
17 Embrutécese o home coa súa suor,avergónzase o fundidor cos seus ídolos,pois as súas imaxes son mentira,e non hai espírito nelas,
18 son cousa va, obra de burla:
o día en que lles pidan contas, perecerán.
19 Non é coma elas o Lote de Xacob,pois é o que crea todo;nin é coma elas o Cetro da súa herdanzaque ten por nome o Señor dos Exércitos.
20 Ti e-lo meu martelo, a miña arma de guerra:
contigo esmagarei pobos, contigo destruirei reinos.
21 Contigo esmagarei os cabalos e os seus cabaleiros,contigo esmagarei os carros e os seus aurigas.
22 Contigo esmagarei o home e a muller,contigo esmagarei a vellos e rapaces,contigo esmagarei a mozos e mozas,
23 contigo esmagarei o pastor e o seu rabaño,contigo esmagarei o arador e a súa xugada,contigo esmagarei os rexedores e os maxistrados.
24 E deste xeito volvereille a Babilonia e ós caldeostódalas atrocidades que ós vosos ollos cometeron contra Sión,—é o Señor quen fala—
25 Velaquí vou contra ti, Montaña de Perdición,—é o Señor quen fala—,que extermína-la terra toda.
Estendo a miña man contra ti,bótote a rolos desde os penedos,e convértote na Montaña da Queima.
26 E xa non collerán de ti pedras de ángulo,nin pedras para alicerces,pois serás eterna desolación—é o Señor quen fala—.
27 Levantade a bandeira nas capitais,tocade o corno entre as nacións,declarade a guerra santa das nacións contra ela,convocade contra ela os reinos:
a Ararat, a Miní e a Axquenaz;constituíde contra ela oficiais de recrutamento,mandade contra ela cabalos coma horribles saltóns.
28 Declarade a guerra santa das nacións contra ela:
os reis dos medos, os seus gobernadorese tódolos seus rexedores e tódalas cidades do seu imperio.
29 Tremerá a cidade e retorcerase,pois o pecado de Babilonia mantén firmes os plans do Señor:
converte-la cidade de Babilonia nunha desolaciónpor falta de habitantes.
30 Os heroes de Babilonia deixan de loitar,sentan nas fortalezas;afrouxan a súa valentía,vólvense mulleres.
Queimaron as moradas de Babilonia,están rotos os seus ferrollos.
31 Un correo corre ó encontro doutro correo,un mensaxeiro ó encontro doutro mensaxeiro,para anunciarlle ó rei de Babiloniaque a súa cidade foi tomada dun cabo ó outro.
32 As pasaxes están tomadas,ás defensas dos fortíns prendéronlles lume,e os combatentes están estarrecidos.
33 Si, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel:
—A capital de Babilonia é coma unha eira no tempo de achanzala,dentro dun pouco virá o tempo da malla.
34 Nabucodonosor comeunos e chupóuno-lo sangue,o rei de Babilonia deixounos coma un prato ben arrepañado,enguliunos coma o Tanín,encheu a súa panza, ó seu pracer,fíxonos desaparecer.
35 “A opresión que sufriu e a vinganza do meu sangue está sobre Babilonia”,—di a poboación de Sión—“O meu sangue está sobre os habitantes de Caldea”—di Xerusalén—.
36 Por isto así fala o Señor:
—Eu defenderei o teu preito,e voume encargar da túa vinganza;vou seca-lo seu mar, vou enxuga-las súas fontes.
37 Babilonia volverase unha morea de ruínas,unha morada de serpentes,un horror e unha burla, por falta de habitantes.
38 Roxen en moreas coma leóns,roxen coma cachorros de leóns:
39 cando estean excitados, eu prepararéille-lo seu banquete,emborrachareinos para que estean alegres,e durmirán un sono eterno,non espertarán—é o Señor quen fala—.
40 Fareinos baixar ó matadeiro, coma años,coma carneiros e castróns.
41 ¿Como? ¿Foi conquistada Xexac,foi capturado o esplendor de toda a terra?
¿Como? ¿Volveuse unha desolaciónBabilonia entre os pobos?
42 Subiu o mar sobre Babilonia,está cuberta polo tumulto das ondas do mar;
43 as súas cidades vólvense unha desolación,terra reseca e erma,cidades nas que ninguén habita,polas que ningún humano pasa.
44 Pídolle contas a Bel en Babilonia,e quítolle da boca o seu bocado;as nacións xa non volverán onda el,mesmo caerá a muralla de Babilonia.
45 Sae, meu pobo, do medio dela,salvade cada un a vosa vidado incendio da ira do Señor.
46 Que non se vos intimide o corazón,non teñades medo ás noticias que se oen no país:
nun ano corre unha noticia,despois disto noutro ano, outra noticia:
opresión no país,un tirano contra outro tirano.
47 ¡Pois ben! Velaí chegan os díasnos que lles pedirei contas ós ídolos de Babilonia,e todo o seu país se avergonzará,e tódolos seus feridos de morte caerán no medio dela.
48 Entón cantarán sobre Babilonia un canto de triunfoo ceo e a terra e todo o que hai neles,pois do norte vén cara a ela o que a vai destruír—é o Señor quen fala—.
49 Certo, caerá Babilonia por causa dos mortos de Israel,así como por causa de Babilonia caeron mortos do mundo enteiro.
50 Os que escapedes da espada,marchade e non vos deteñades,desde lonxe invocade o Señor,que Xerusalén se afinque no voso corazón.
51 Sentímo-la confusión ó oí-los insultos,a vosa cara cubriuse de vergonza,ó entraren estranxeirosnos lugares santos do templo do Señor.
52 ¡Pois ben! Velaí chegan os días—é o Señor quen fala—nos que lles pedirei contas ós seus ídolos,e os feridos queixaranse en todo o seu país.
53 Aínda que Babilonia suba ata o ceo,aínda que faga máis esgrevia a altura do seu refuxio,baixo as miñas ordes entrarán nela os devastadores—é o Señor quen fala—.
54 Alaridos de socorro veñen desde Babilonia,prantos angustiosos desde o país dos caldeos.
55 É o Señor que está a destruír Babilonia,que fai desaparecer dela todo grito.
Retumba o fragor das súas ondas coma a mar océana,resoa o tumulto dos seus gritos:
56 é que vén contra ela, contra Babilonia, o destructor;ela é a que fai rompe-los seus arcos,pois o Señor é o Deus da retribución:
devolve ben ás claras.
57 Eu emborracho os seus grandes e os seus sabios,os seus rexedores, os seus maxistrados e os seus soldados:
durmirán un sono eterno,e non espertarán—Oráculo do Rei que ten por nome Señor dos Exércitos—.
58 Así fala o Señor dos Exércitos:
—As anchas murallas de Babilonia serán arrasadas,as súas altas portas serán queimadas.
Para nada traballaron as nacións,para o lume cansáronse os pobos.
59 Este foi o encargo que lle ordenou o profeta Xeremías a Seraías, fillo de Nerías, fillo de Maseías, cando este marchou a Babilonia con Sedecías, rei de Xudá, no ano cuarto do seu reinado (Seraías era o xefe das provisións).
60 Xeremías escribira nun libro toda a desgracia que ía vir sobre Babilonia; todos estes oráculos escritos contra Babilonia.
61 Xeremías díxolle a Seraías:
—Cando chegues a Babilonia trata de ler todos estes oráculos.
62 Entón dirás: “Señor, ti mesmo declaraches acerca deste lugar que os destruirías de tal xeito que non quedase nel habitante, nin home nin animais: volverase unha eterna ruína”.
63 E cando acabes de ler este libro, haslle atar unha pedra e botaralo no Éufrates,
64 dicindo: “Deste xeito hase afundir Babilonia e non se levantará, por causa da desgracia que eu vou traer sobre ela”.
Ata aquí chegaron os oráculos de Xeremías.