Evanxeo segundo San Xoán 1:1-51
1 No principio existía a Palabra,e a Palabra estaba onda Deus,e a Palabra era Deus.
2 Ela estaba no principio onda Deus.
3 Todo foi feito por ela,e sen ela non se fixonada do que foi feito.
4 Nela estaba a vida,e a vida era a luz dos homes;
5 a luz aluma na tebra,e a tebra non a deu apagado.
6 Houbo un homemandado por Deus:
o seu nome era Xoán.
7 Este veu de testemuñapara dar testemuño da luz,para que todos cresen por el.
8 Non era el a luz,senón que veu para dar testemuño da luz.
9 (A Palabra) era a verdadeira luzque aluma a todo homeque vén a este mundo.
10 Ela estaba no mundo,e o mundo foi feito por ela,pero o mundo non a recoñeceu.
11 Veu á súa propiedade,e os seus non a acolleron.
12 Pero a cantos a recibiron,—ós que cren no seu nome—déulle-lo poderde seren fillos de Deus.
13 Estes, non naceron do sangue,nin da vontade da carne,senón de Deus.
14 E a Palabra fíxose carne,e plantou entre nós a súa tenda,e nós vímo-la súa gloria,gloria coma de Unixénitoque vén do Pai,cheo de gracia e de verdade.
15 Xoán dá testemuño del,exclamando:
Este évos de quen eu dixen:
“O que vén detrás miña,pasa diante miña,pois existía primeiro ca min”.
16 E da súa abundanciarecibimos todos nósgracia e máis gracia.
17 Pois a Lei deusepor medio de Moisés;a gracia e a verdaderealizáronse por Xesús Cristo.
18 A Deus ninguén o viu;o Unixénito, que está no seo do Pai,foi quen nolo revelou.
19 E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:
—¿Ti quen es?
20 El declarou e non negou. Declarou:
—Eu non son o Cristo.
21 Preguntáronlle:
—Entón ¿quen es ti? ¿Es Elías?
Contestou:
—Non son.
—¿E-lo profeta?
Respondeu:
—Non.
22 Daquela dixéronlle:
—¿E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. ¿Que dis de ti mesmo?
23 El dicía:
—Eu son a voz do que clama no deserto, “endereitade o camiño do Señor” (como escribira o profeta Isaías).
24 Algúns dos mandados eran fariseos
25 e preguntáronlle:
—Entón ¿por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
26 Xoán respondeulles:
—Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes;
27 o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desata-lo amalló da sandalia.
28 Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.
29 Ó outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo:
—¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!
30 Este é de quen eu dixen: “Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min”.
31 Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel.
32 E Xoán seguiu testemuñando:
—Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.
33 Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: “Cando véxa-lo Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo”.
34 E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.
35 Ó outro día estaba outra vez Xoán con dous dos seus discípulos
36 e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
—Velaquí o Año de Deus.
37 Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús.
38 Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:
—¿Que buscades?
Eles respondéronlle:
—“Rabbí” (que quere dicir “Mestre”), ¿onde paras?
39 El díxolles:
—Vide e veredes.
E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
40 Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro.
41 Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille:
—Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo).
42 E levouno onda Xesús. Ó velo, díxolle Xesús:
—Tí es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).
43 Ó outro día decidiu Xesús saír para a Galilea; atopou a Felipe e díxolle:
—Sígueme.
44 Felipe era de Betsaida, da vila de Andrés e mais de Pedro.
45 Atopou Felipe a Natanael e díxolle:
—Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mailos Profetas: a Xesús, o fillo de Xosé, o de Nazaret.
46 Contestoulle Natanael:
—¿E de Nazaret pode saír algo bo?
Felipe díxolle:
—Ven e verás.
47 Viu Xesús a Natanael, que se achegaba, e dixo del:
—Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.
48 Preguntoulle Natanael:
—¿E de que me coñeces?
Contestoulle Xesús:
—Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
49 Respondeulle Natanael:
—Rabbí, ti e-lo Fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel.
50 Díxolle entón Xesús:
—¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes has ver.
51 E concluíu:
—Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo e baixando onda o Fillo do Home.