Libro de Xosué 19:1-51

19  O segundo lote foi para Simeón, para a tribo dos fillos de Simeón, segundo as suás familias, e tiveron os seus eidos no medio da herdanza dos fillos de Xudá.  E tocoulles en herdanza Beerxeba, Xeba, Moladah,  Hásar-Xual, Balah, Sem,  Eltolad, Betul, Hormah,  Siclag, Bet-Marcabot, Hasar-Susah,  Bet-Lebaot e Xeruhén: trece cidades e as súas aldeas:  In, Rimón, Éter e Axán: catro cidades e as súas aldeas;  e mais tódalas aldeas que hai arredor desas cidades ata Balat-Beer (que é Ramat do Sur). Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Simeón, segundo as súas familias.  Da partilla dos fillos de Xudá, tocoulles herdanza ós fillos de Simeón, pois o lote dos fillos de Xudá era de máis para eles; e herdaron os fillos de Simeón no medio do territorio daqueles. 10  O terceiro lote foi para os fillos de Zebulón, segundo as súas familias, e chegou o lindeiro da súa herdanza ata Sarid. 11  De aí subía cara ó occidente, e a Maralah, e chegaba a Dabéxet e mais ó torrente que está enfronte de Iocneam. 12  E volvía de Sarid cara ó oriente —á saída do sol—, ata o extremo de Quislot-Tabor, prolongábase ata Daberat, e subía a Iafía. 13  Desde alí pasaba cara ó oriente, a Guitah-Hérfer e Itah-Casín, e saía a Rimón-Metoar e a Neah. 14  Despois dobraba cara ó norte, a Hanatón, e remataba no val de Iefteel. 15  Con Catat, Nahalal, Ximrón, Idalah e Belén, son doce cidades coas súas aldeas. 16  Esta é a herdanza dos fillos de Zebulón, segundo as súas familias: esas cidades, coas súas aldeas. 17  O cuarto lote que saíu foi para Isacar: para os fillos de Isacar, segundo súas familias. 18  O seu lindeiro ía cara a Iezrael Quesulot, Xunem, 19  Hafaraim, Xión, Anaharat, 20  Rabit, Quixión, Abes, 21  Rémet, En-Ganim, En-Hadah e Ben-Passés. 22  O lindeiro chega ó Tabor, a Xahasimah e Bet-Xémex, e remata no Xordán. No total, dezaseis cidades e ás súas aldeas. 23  Esta é a herdanza da tribo dos fillos de Isacar, segundo as súas familias: as cidades, coas súas aldeas. 24  O quinto lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Axer, segundo as súas familias. 25  O seu lindeiro ía por Helcat, Halí, Beten, Acxaf, 26  Alamélec, Amad e Mixal; e polo Occidente chegaba ó Carmelo e mais a Xihor-Libnat. 27  volvía cara ó oriente, a Bet-Dagón, e chegaba a Zebulón e mais á parte norte do val de Iefteel, e Bet-Émec e Neiel, e saía pola esquerda a Cabul, 28  Hebrón, Rehob, Hamón e Canah, ata Sidón a Grande. 29  O lindeiro xiraba cara a Ramah e ata a Forteza de Tiro, e volvía a Hosah, para saír ó mar pola parte de Aczib. 30  Collía tamén Umah, Afec e Rehob: no total, vintedúas cidades coas súas aldeas. 31  Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Axer, segundo as familias: esas cidades e mailas súas aldeas. 32  O sexto lote que saíu foi para a tribo de Naftalí: para os fillos de Naftalí, segundo as súas familias. 33  O seu lindeiro ía desde Hélef —desde a aciñeira de Saananim, Adamí-Néqueb e Iabneel, ata Lacum e prolongábase ata o Xordán; 34  voltaba polo occidente a Asnot-Tabor, dirixíase desde ali a Hucoc, chegaba a Zebulón polo sur, e tiña a Axer polo occidente e o Xordán polo oriente. 35  Collía tamén as cidades de defensa, de Sidim, Ser, Hamat, Racat, Quinéret, 36  Adamah, Ramah, Hasor, 37  Quédex, Edrei, En-Hasor, 38  Irón, Migdal-El, Harem, Bet-Anat e Bet-Xémex: dezanove cidades coas súas aldeas. 39  Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Naftalí, segundo as súas familias: esas cidades e mailas súas aldeas. 40  O sétimo lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Dan. 41  O lindeiro da súa herdanza collía Sorah, Extaol, Ir-Xémex, 42  Xaalabín, Aialón, Itlah, 43  Elón, Timnátah, Ecrón, 44  Eltequeh, Guibetón, Baalat, 45  Ihud, Bené-Berac, Gat-Rimón, 46  Me-Iarcón, e mais Racón, co lindeiro enfronte de Iafa. 47  O lindeiro dos fillos de Dan saía fóra do seu territorio, pois os fillos de Dan foron e loitaron contra Léxem e ocupárona; despois, pasárona pola espada e posuírona e habitaron nela. E chamaron a Léxem, Dan, coma o seu devanceiro. 48  Esta era a herdanza dos fillos de Dan, segundo as súas familias: esas cidades, e mailas súas aldeas. 49  Cando remataron de distribuí-la terra segundo os seus lindeiros, os fillos de Israel deron herdanza a Xosué, fillo de Nun, no medio de eles, 50  cumprindo co mandato do Señor. Déronlle a cidade que pediu: Timnat-Sérah, na serra de Efraím. Entón edificou a cidade e habitou nela. 51  Estes son os territorios que herdaron o sacerdote Elazar e Xosué, fillo de Nun, e os xefes de familia das tribos dos fillos de Israel, por sortes, en Xiloh, diante do Señor, á porta da Tenda do Encontro e remataron así de reparti-lo país.

Notas ó pé