Zacarías 2:1-13
2 (2:5) Logo erguín os meus ollos e tiven unha visión: Velaí un home e na súa man un cordel de medir.
2 (2:6) Díxenlle: “¿Onde vas ti?” e el contestou: “Medir a Xerusalén, para ver cal é a súa longura e cal é a súa anchura”.
3 (2:7) O anxo que falaba comigo saíu, e outro anxo veu ó seu encontro,
4 (2:8) e díxolle: “Corre e fálalle a ese mozo nestes termos:
Xerusalén debe seguir sendo cidade aberta.
Por mor do fato de homes e animais que haberá dentro dela.
5 (2:9) Eu voume converter —oráculo do Señor-na súa muralla de lume todo arredor
e convertereime na súa gloria no medio dela”.
6 (2:10) ¡Ai! ¡Ai!, fuxide do país do norte —é o Señor quen fala—,que vos vou esparexer coma os catro ventos do ceo —é o Señor quen fala—.
7 (2:11) ¡Ai, Sión!: escapa,ti que habitas na casa de Babilonia.
8 (2:12) Porque así fala o Señor dos Exércitos,quen despois da súa manifestación gloriosa me envioucontra as nacións que vos teñen saqueado:
“Si, quen vos fere, fere a meniña do meu ollo.
9 (2:13) Velaquí que eu movo a miña man contra eles, e serán presa dos seus servos:
entón recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me mandou”.
10 (2:14) “Exulta e alégrate, filla de Sión,pois, velaí, eu chego, e habitarei no medio de ti—é o Señor quen fala—.
11 (2:15) No día aquel pobos numerosos uniranse ó Señor, serán o meu pobo.
Habitarei no medio de ti, e entón recoñecerásque o Señor dos Exércitos me mandou onda ti.
12 (2:16) O Señor collerá en herdanza a Xudá, que é o seu quiñón na Terra Santa,tamén volverá escoller a Xerusalén.
13 (2:17) ¡Silencio, carne toda, por mor da presencia do Señor!
¡Si, esperta e sae da súa Morada Santa!”